Juan Riveiro, un estudoso do fútbol, que como bo escorpio é apaixonado, decidiu finalizar a súa vinculación coa Unión Deportiva Paiosaco ao acabar esta tempada 2020-2021.
Club no que leva seis anos. Aos seus 51 anos, Riveiro leva 35 como adestrador, xa que comezou aos 16 cun equipo xuvenil do Ural CF. Despois 13 anos no Deportivo da Coruña, e tamén no Laracha, o At. Arteixo ou Cerceda.
Por que tomou esta decisión?
Por así dicilo, de hixiene mental. Foi unha decisión moi complicada. Pero necesitábaa despois de vivir seis intensas tempadas nun club que me acolleu cos brazos abertos e do que me vou orgulloso.
Unha etapa importante na UD Paiosaco.
Si. É unha etapa na que fun máis feliz que infeliz. E teño que agradecer á UD Paiosaco que volveume a ilusión por adestrar. Foi unha etapa de aprendizaxe e atopeime cun fútbol diferente.
Que é co que queda?
A volta á ilusión, o cambio técnico-táctico, as miñas ideas de xogo aos futbolistas aos que me tiven que adaptar. Todo iso foi moi duro e esixente, xa que as ligas nas que estivemos así o demandaron. Quedo co ascenso a 3ª División e os dous títulos da Copa.
Ascenso histórico á Terceira División, dúas Copa da Coruña …
Son os logros máis visibles, aínda que hai outros. Creo que se dotou ao Paiosaco dunha estrutura de club como moitos de Terceira División. Cun corpo técnico envexable.
Seis tempadas e nelas con xogadores que estiveron os seis anos?
Por iso falaba de hixiene mental, non porque sexa unha relación mala. Hai xogadores que levan comigo seis anos. E este tipo de relacións vanse desgastando.
E o seu equipo técnico: Jesús López Otero, Alberto Míguez Moreno, Paco León Martínez, Aythami López Villaverde e Agustín Arguinchona.
Trátase dun grandísimo equipo e teño o orgullo de poder contar con el. Con Jesús levamos sete anos xuntos, cunha óptica de fútbol distinta á miña e iso é enriquecedor. Alberto veu connosco desde o principio ao club e é o máis optimista. Tanto Paco como Agustín levan menos tempo. Son moi válidos. E Aytha pasou a ser un dos importantes xogadores a un grandísimo preparador físico.
A afección sempre co equipo e con Juan Riveiro.
Un elemento moi destacado. É un sentimento que une. Só pide que o deixemos todo no campo, independentemente do resultado. Sempre houbo comuñón. E eu síntome moi querido e iso agradécese.
Importante foi a boa sintonía coa xunta directiva e co seu presidente.
Si, é verdade. Sempre me sentín moi respectado pola directiva e, en especial, por Carlos, que considero como un amigo. É máis que de presidente e adestrador. Ou ter a Luchi como delegado, que é un luxo.
Faráselle estraño non sentase no banco da Porta Santa?
Direino se síntome no banco a próxima tempada. Pero agora podo dicir que supoño que si. Non verme aí será difícil e estraño.
O peor recordo nas seis tempadas?
O peor, a sensación deste ano. Despois do partido do Silva puxen o meu cargo ao dispor da directiva. Foi o momento máis amargo. E non deixar ao Paiosaco en Terceira, que non estará nela cando o deixe.
E despois do Paiosaco que?
Agora é sacarme un peso de encima. Esta decisión non foi fácil. Unha das miñas vantaxes é que a miña vida non depende do fútbol economicamente, xa que a miña muller como eu temos uns traballos que nos dan para vivir.
Ten algunha meta ou soño que lle gustaría alcanzar deportivamente?
Unha das miñas frases na escola de adestradores é que cando un descobre que non vai ser un adestrador profesional, acaba converténdose nun moito mellor adestrador do que é. Sempre é gratificante formar parte dun corpo técnico profesional.