FUTGAL: Homenaxe aos «Adestradores de Honra» da delegación da Costa

Unha gran variedade de adestradores da delegación da Costa foron homenaxeados no Centro Cívico do Concello de Malpica o 24 de xuño no último acto de «Adestradores de Honra».

Baixo o lema «Grazas por converter o fútbol e o fútbol sala na nosa paixón», o Comité Galego de Adestradoras da Real Federación Galega de Fútbol comezou a merecida homenaxe a modo de recoñecemento a todos aqueles técnicos de fútbol e fútbol sala con idades superiores aos 60 anos e cunha traxectoria que ronde os 15 anos, nun acto presidido por Rafael Louzán, presidente da RFGF; Iván Cancela, presidente do Comité Galego de Adestradores da RFGF e director da Escola; Silvia Cancela, directiva da Federación; Walter Pardo, alcalde de Malpica; Miguel Varela, concelleiro de Deportes; ademáis de membros federativos.

O Presidente Louzán, a directiva Silvia Cancela e o adestrador do Bergantiños FC, José Luis Lemos, que a vindeira tempada dirixirá ao conxunto na nova 2ª RFEF, foron os encargados de entregar as distinguidas distincións aos adestradores homenaxeados, que consistía nun carné de honra, un diploma e unha camisola conmemorativa, ademáis do máis importante, o propio recoñecemento de todo o fútbol galego.

Os adestradores homenaxeados foron os seguintes:

  • Juan Ramón Lobelos Insúa (63 anos): 15 anos en activo.
  • José Antonio Moreira Fernández (64 anos): 30 anos en activo.
  • Manolo Varela Rey (67 anos): 15 anos en activo.
  • José Ramón Varela Rey «Moncho» (66 anos): 20 anos en activo.
  • Javier Lodeiro Eniceto (60 anos): 30 anos en activo.
  • Agustín Costa Pose (65 anos): 20 anos en activo.
  • José Pasantes García «Camuel» (67 anos): entre 10-15 anos en activo.
  • Manuel Oliveira Gómez «Manolín» (78 anos): máis de 45 anos en activo.
  • José López Marcote «Manín» (69 anos): 15 anos en activo.
  • José M. López Canosa (72 anos): 50 anos en activo.
  • Manuel Fariña de Seaia (73 anos): 10 anos en activo.
  • José Ramón Gómez Ayala «Sieso» (67 anos): 30 anos en activo.
  • Carlos Ortiz Rochicholi (64 anos): 12 anos en activo.
  • Benedicto Quintela Trillo «Nito» (65 anos): entre 15-20 anos en activo.
  • Jorge Mira López «Calabanda» (65 anos): entre 15-20 anos en activo.
  • José Antonio Periscal Barca (73 anos): 15 anos en activo.
  • Jesús Lado Lestón (64 anos): 10 anos en activo.
  • Francisco Collazo Añón «Yuli» (68 anos): entre 20-25 anos en activo.

 

Manolo Martín recibiu a Medalla de Prata da RFGF

A RFGF aproveitou o acto para facer un recoñecemento ao avogado muxián Manolo Martín polo labor solidario co fútbol da Costa da Morte, en especial co Muxía CF, recibindo a Medalla de Prata da RFGF, que foi entregada polo presidente Louzán.

Malpica, última parada de «Adestradores de Honra»

Malpica, en concreto o Centro Cívico do Concello de Malpica, foi a oitava sede onde a RFGF levou a cabo o percorrido de «Adestradores de Honra», poñendo o peche a este bonito acto de recoñecemento aos adestradores.

Foto e fonte de información: Real Federación Galega de Fútbol – Futgal

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas