A pasada fin de semana disputouse en Málaga a Copa de Europa Junior de Judo, na que June Moreno participou convocada pola Federación Española de Judo, e na que conseguiu un importante terceiro posto, que lle dá a clasificación para o Campionato Mundial e Campionato Europeo desta categoría junior.
Foi unha competición moi rifada na que por azar dos sorteos disputou todos os combates contra adversarias españolas. En cuartos de final enfrontouse con Ana Vizoso, á que xa gañara na final do Campionato de España Universitario, perdendo nesta ocasión cunhas discutibles decisións arbitrais. Na repesca enfróntase á valenciana Aitana Salga á que vence, e métese na loita pola medalla de bronce coa canaria Laura Volo, vencendo a esta e obtendo a medalla de bronce.
Info e foto: AD Judo Ferrolterra