O Concello de Carballo e as catro seccións integradas en Xiria despedirán os actos do 40º aniversario da entidade cunha gran festa

No fértil (deportivamente falando) ano 1983 naceron en Carballo dúas entidades que nos teñen dado ben alegrías: Escola Lubiáns e Asociación Deportiva Xiria.

Con Escola Lubiáns, que leva corenta anos promovendo a práctica do hóckey a patíns e, máis recentemente, a patinaxe artística, celebramos non hai moitas semanas un sinxelo acto de recoñecemento e agradecemento por todo o traballo desenvolvido, que culminou nesta última temporada co equipo sénior competindo no nivel máis alto da historia do deporte local.

Chega agora a quenda da Asociación Deportiva Xiria, que xa naquela tempada 83-84 da súa fundación chegou disputar o Campionato de España de Voleibol co seu equipo masculino. O voleibol foi, de feito, o primeiro deporte federado da Asociación Deportiva Xiria, á que se foron sumando o balonmán, o baloncesto e o xadrez. Mesmo chegou contar con seccións de atletismo e tenis de mesa, hoxe desaparecidas. Pero a entidade acadou tal dimensión que, chegado o momento, cada un dos deportes emprendeu o seu camiño por separado aínda que sempre baixo o paraugas común de Xiria.

Para recoñecer todo o traballo e o esforzo das persoas que conseguiron situar á Asociación Deportiva Xiria como unha referencia dentro de Galicia, este venres 14 imos clausurar os actos do 40º aniversario cunha celebración aberta a todo o deporte carballés e a toda a veciñanza.

A Concellaría de Deportes, Club Volei Xiria, Escola Basket Xiria, Balonmán Xiria e Club de Xadrez O Toque Xiria colaboran na organización dun evento que nos sitúa, ademais, na antesala das festas do San Xoán, e que pretende ser unha gran festa do deporte carballés.

O punto de partida será a Biblioteca Rego da Balsa. Alí concentraranse os/as deportistas das distintas seccións de Xiria para iniciar ás 20.30 horas un pasarrúas ata a Praza do Concello acompañados coa música e as acrobacias dun grupo circense. Unha vez na praza continuará o espectáculo circense ata o inicio do acto institucional, arredor das 21.15 horas, no que participarán os tres ex presidentes da Asociación Deportiva Xiria –Gema Paz Bello, Carlos Puga Trigás e Luciano Calvo Pumpido-, o presidente actual, Rosalino Mariño, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. E, ao remate, seguirá soando a música coa DJ Sara Pose, que, por certo, tamén está ligada á historia de Xiria.

Fotos e info: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia