June Moreno acadou o bronce na Supercopa de España junior de Gijón

O pasado domingo disputouse no Pavillón da Guía de Gijón a Supercopa de España Junior de Asturias onde June Moreno sumou un novo logro persoal coa conquista do bronce.

O club Ad Judo Ferrolterra desprazouse con 4 judocas e un adestrador e onde June Moreno, na categoría de -78 kg, alzouse coa medalla de bronce. Empezou a súa competición contra a judoca asturiana Covandoga, á que venceu por Ippon. En semifinais enfrontouse á judoca portuguesa Fabia coa que perdeu nun duro combate. Ao cabo, a judoca portuguesa sería a campioa. No combate pola medalla de bronce, June enfrontouse á judoca do País Vasco Ane Sardonil, á que venceu sen dificultade en combate rápido.

Os outros tres judocas do club, Carlos Javier Ares, Bruno Carrodeguas e Mario Tenreiro, non puideron pelexar polas medallas. Acompañounos neste desprazamento o seu adestrador Alberto Castro.

Foto: Ad Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia