Ferrol acolleu o Campionato Galego senior de judo no pavillón do Ensanche a pasada fin de semana onde os equipos de Ferrolterra fixéronse con dúas pratas e un bronce.
Por parte da AD Judo Ferrolterra, June Moreno adxudicouse a prata en -78 kg, mentres que os integrantes do
Judo Bitácora, Miguel Trillo en -90 kg e Daniela Sevillano en -70 kg, alzáronse coa prata e bronce.
June Moreno competiu xunto á judoca do Baixo Miño, Noa González, en -78 kg, disputando a medalla á mellor de tres combates e onde Noa impúxose en todas as quendas á judoca de Ferrolterra.
Miguel Trillo competiu pola medalla en -90 kg onde participaron un total de nove judocas. Miguel venceu a Brais Ferreiro primeiro e a Miguel Mirás, os dous do Club Cambre, e plantouse na final para levar a prata ante Brais Pereira do Baixo Miño.
Daniela Sevillano participou en -70 kg, categoría na que competiron outras oito judocas. Daniela enfrontouse en primeira rolda á que sería a campioa galega, María Rey da AD Famu De Frutos, perdendo. Na rolda de consolación, Daniela venceu a Lucía Riveiro do Compostela Judo Club e Sabela Lage do Judo Club Oleiros para conseguir o terceiro
Foto: J. Arias