O club desprazouse o pasado sábado a Gran Canaria con June Moreno Campo como competidora na categoría de -78 kg, o técnico Alberto Castro e a árbitra Ana Dapena.
Na categoría de 78 kg só había dúas competidoras: June Moreno e a canaria e actual subcampioa de España, Laura Volo.
A competición desenvolveuse á mellor de 3 combates: o primeiro gañouno a competidora canaria e os outros dous June Moreno realizando unha gran competición e sobrepoñéndose á súa rival co seu gran físico e a súa calidade técnica e táctica. Nesta competición viuse a total adaptación de June á nova categoría e peso.
Info e fotos: AD Judo Ferrolterra