JUNE MORENO E JAVIER SÁNCHEZ: Á Copa de Europa Junior de Coímbra

O sábado 25 de marzo desprázanse á cidade portuguesa de Coímbra os judokas do club AD Judo Ferrolterra, June Moreno (-78 kg) e Javier Sánchez (-66 kg), para participar na Copa de Europa Junior de Portugal.

Esta competición valerá a ambos os judokas para comprobar a súa progresión dentro da categoría junior.

June Moreno acode co obxectivo de loitar polas medallas e preparar o Campionato de España da categoría. E Javier Sánchez acode co obxectivo de seguir formándose para a nova tempada e alcanzar o mellor posto posible.

Acompáñaos como adestrador Alberto Castro.

Info e fotos: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),