Kobas: “Estamos a centrarnos no Campionato de Rallymix”

O piloto carballés, Javier Ramilo Queijo, coñecido como Kobas, obtivo a vitoria na 20ª edición do Autocross de Carballo na modalidade de Carcross, aínda que o obxectivo é o Campionato de Rallymix, onde lidera a clasificación tras disputar as probas en Serra de Argallo, Touro e Sidra da Estrada.

Precisamente, neste último escenario, que celebraba a súa cuarta edición, o carballés lograba vencer a pasada fin de semana, acadando un tempo de 32:08.294 e impoñéndose aos pilotos Pisko e Darío Calviño. A próxima proba do Rallymix será o 26 de xullo en Ribadumia. No autocross, Kobas non está a realizar todas as probas, xa que o obxectivo principal é enfocarse no Rallymix.

Como viviches gañar na casa?
Pois a verdade que iamos probar uns cambios no coche de cara ao seguinte Rallymix e non esperabamos gañar a carreira, pero gañar na casa e con toda a afección sempre é moi especial.

Como estás a ver a tempada?
A tempada de autocross non a estamos facendo ao completo, só carreiras soltas cando nos apetece e podemos, xa que nos estamos centrando no Campionato de Rallymix.

Que é o que máis che gusta do circuíto do Carballo?
O mellor do circuíto é o trazado e sobre todo a afección.

Éxito de participantes esta tempada. Como estades a vivir os pilotos este incremento?
A verdade é que se está vivindo un incremento en cantidade de pilotos en cada carreira e iso fainos soñar con volver ter o campionato de autocross que tiñamos hai anos, con parrillas cheas de coches e circuítos cheos de afeccionados. Sen dúbida, pronto chegará ese momento e iso ilusiona a calquera piloto.

Foto: BLK Foto-Video

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas