LEO LÓPEZ: 5º na Copa de España de Suances

A pasada fin de semana disputouse en Suances (Cantabria) a Copa de España de judo infantil e cadete.

O club AD Judo Ferrolterra desprazouse con 8 judocas (5 cadetes e 3 infantís).

O sábado disputouse a categoría cadete na que Rosario Robaina (70 kg), Mario Tenreiro (73 kg), Carlos Botana, Xabier Leira e Pablo López (66 kg) non puideron pelexar polas medallas.

O domingo, en categoría infantil, Leo López (66 kg), Iria Martinez (48 kg) e Amelia Tenreiro (52 kg), estiveron preto das medallas, conseguindo Leo López o 5º posto na súa primeira Copa de España e Iria o 7º posto.

Acompañaron aos judocas os profesores do club, Alberto Castro e Alberto López “Pitu”, e como árbitro Ana Dapena.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde