A terceira xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste) celebrouse no campo de fútbol de Eirís (A Coruña) cunha exitosa participación dos equipos e moita expectación para os afeccionados que se achegaron a gozar desta actividade deportiva.
Categoría feminina:
1ª Geni (Billardeiros Musicais -Ribadeo).
2ª Marisa(Lúa de Forza – Sanxenxo).
3ª Aroa(Billardeiros Musicais).
Categoría absoluta:
1º Charly (Campo da Feira-Paiosaco).
2º Xan Rodiño (Lúa de Forza).
3º Lito (APB – A Laracha).
Categoría infantil:
1º Valentín (Filloas de Sangue – A Coruña).
2º Lucas (Campo da Feira).
3º Óscar García (Cochiqueiros – Cerceda).
Clasificación por Equipos:
1º Campo da Feira.
2º APB A Laracha.
3º Billardeiros Musicais.
Como en todas as xornadas billarderas, hai un terceiro tempo no que os deportistas gozaron nesta ocasión dunha tarta de mazá das Rías Baixas de Sanxenxo por cortesía da súa cociñeira Marisa de Lua e Forza.
Os compoñentes da billarda agradeceron ao Concello da Coruña, á SD Eirís e ao equipo de billarda Filloas de Sangue pola organización da xornada. A vindeira terá lugar o día 23 de outubro en Paiosaco (ubicación pendente do clima).