O CR Narón repetirá a próxima tempada na liga A, pero o CM Mugardos descendeu á Liga B.
Finalizou a tempada da liga Galega de Traiñeiras co equipo SD Samertolameu Oversea proclamándose campión dunha axustada Liga A na parte alta da clasificación, mentres que os equipos de Ferrolterra foron cara e cruz, xa que o CR Narón finalizou no 9º posto, o que lle asegura a permanencia, pero en cambio, o CM Mugardos descendeu ao rematar a tempada na última posición do campionato e do playoff.
O CR Narón sumou un total de 52 puntos, mentres que o CM Mugardos obtivo 23 puntos.
LIGA B: O CR CEDEIRA ACADOU A 4ª POSICIÓN
O Castropol non deu opcións aos seus rivais e proclamouse campión da liga B de traiñeiras tras realizar unha tempada moi regular e na que o CR Cedeira finalizou nunha honrosa 4ª posición nunha boa campaña dos de Ferrolterra.
O CR Cedeira sumou un total de 29 puntos, a 4 puntos do terceiro clasificado, que foi o Amegrove CR, e a 9 sobre a 5º posición, que recalou no CR Vila de Cangas.
CLASIFICACIÓNS
LIGA A
1º SD Samertolameu Oversea 156 pt
2º CM Bueu – Teccarsa 154 pt
3º SD Tirán – Pereira 136 pt
4º CR Chapela – Wofco 104 pt
5º CR Cabo da Cruz 100 pt
6º CM Rianxo 95 pt
7º CR Mecos 92 pt
8º CDM Mera 84 pt
9º CR Narón 52 pt
10º CCD Cesantes – Rodavigo 42 pt
11º CR Puebla 31 pt
12º CM Mugardos 23 pt
LIGA B
1º CM Castropol 49 pt
2º SD Samertolameu Oversea B 41 pt
3º Amegrove CR 33 pt
4º CR Cedeira 29 pt
5º CR Vila de Cangas 20 pt
6º CR Salgado – Perillo 13 pt
7º CR Muros 9 pt