Máis de 80 saídas nos Campionatos Galegos de Piragüismo que se celebran este fin de semana en Dumbría

O Club Tea de Mondariz Balenario, o Club Penedo de Caldelas de Tui e o Clube Montaña Quixos de Monforte, os favoritos para copar as prazas de podium por clubs.

O campo de Slalom de O Couquiño recibe esta fin de semana a proba que pon fin ao calendario de competicións de piragüismo en Galicia coa disputa do Campionato Galego de Slalom de Augas Bravas. A proba, que estaba programada para a pasada semana, tivo que ser aprazada a causa dos altos caudais que presentaba o río Xallas, co que a organización da proba chegou a estar bastante comprometida debido as repercusións das fortes choivas nas marxes do río.

Finalmente sairá adiante co esforzo do clube organizador, a Federación Galega de Piragüismo, o Concello de Dumbría e a empresa Xeal que tratará de manter un caudal estable duns 50m3/seg para a disputa da proba.

En canto a participación costeira, o CDM Piragüismo Dumbría non opta ao podium por clubs, pero si que a nivel individual ten unhas boas opcións de medallas, con Lorena Costa no K1 feminino, Marcos Sánchez e Iago Canosa no K1 masculino, e Marco Oreiro e Brais Sánchez no C1 masculino. Esta competicion é a que pon o punto final o calendario oficial en Galicia.

Fotos e info: CDM Piragüismo Dumbría

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas