Máis de 150 deportistas participarán este sábado no XXX Trofeo de Natación Cidade de Narón

A piscina do complexo Polideportivo municipal da Gándara acollerá este sábado, día 2, a trixésima edición do “Trofeo de Natación Cidade de Narón” e a vixésima do “Memorial Javier Lago”.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou xunto co presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero este evento deportivo, un dos máis consolidados na cidade.

Un total de 150 nadadores de nove clubs da comunidade participarán nesta edición, tal e como avanzou Guerrero. En concreto, avanzou, ademáis do Náutico de Narón, estarán representados os clubs de natación de Arteixo, Panas, Ciudad de Santiago, Cedeira, Ferrol, Culleredo, Club Marina e Club del Mar. A competición dará comezo ás 17.00 horas, con entrada de balde, e está incluída no calendario da Federación Galega de Natación, sendo válidas as marcas para participar no campionato galego que se disputará en Lugo a finais do vindeiro mes de decembro.

Lucía Villarnovo, Sergi Navarro e Alexis García, do CN Ferrol; Nicolás Astigarrabía (Club Marina): María Villalta (CN Panas), Agustín Orecha (Ciudad de Santiago); Miguel Graña, Dani Meizoso, Paula Albes e Icía López (Náutico de Narón) serán candidatos a obter o “XX Memorial Javier Lago”, un galardón co que se recñece ao mellor nadador ou nadadora do trofeo.

O concelleiro de Deportes felicitou ao club local polo traballo realizado para organizar este evento, no que desexou moita sortea os deportistas naroneses, e convidou á cidadanía a acudir a desfrutar da convocatoria.

Foto e info: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Irene Díaz: tempada de dez

Se definísemos a Irene Díaz como futbolista, fariamos mención ao seu dorsal, de dez. Así é a tempada da xogadora do Discalzas SD, asinando nesta