MANOLO MARTÍN: Medalla de prata da Real Federación Galega de Fútbol

O noso personaxe da 6ª edición de Bisbarra en xogo foi Manolo Martín, que recibiu de mans do presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, a insignia de prata.

O avogado Manuel Martín Gómez (Muxía, 1944) recibiu no Homenaxe aos adestradores de Honra da Costa, que tivo lugar o pasado 24 de xuño en Malpica, a distinción da medalla de prata da Real Federación Galega de Fútbol. O presidente do citado órgano, Rafael Louzán, foi o encargado de entregar o galardón no medio dunha pechada ovación.

Manolo Martín é o último mecenas na Liga da Costa. Este avogado retirado, que exerceu a súa profesión durante máis de 40 anos e foi profesor das facultades de Dereito e Económicas na USC, foi recoñecido polo ente federativo por ser “unha persoa que destaca pola súa continuo labor solidario coa Costa da Morte, en especial co Muxía CF, a través do torneo de fútbol que leva ou seu nome”.

Manolo Martín ven organizando desde hai 38 anos un torneo de fútbol durante a época estival co fin de axudar ao Muxía FC, tamén para recadar uns fondos para bolsas de fillos de mariñeiros da localidade a raíz do Prestige (2002), ou colaborando economicamente ao banco farmacéutico de Galicia e para paliar os gastos da reconstrución do Santuario da Virxe da Barca, cando o templo ardeu no 2017. Manolo Martín ten o orgullo de ser uns dos futbolistas pioneiros na Costa, xa que competiu na primeira edición co equipo do San Isidro, de Quintáns (1963-1964), para despois defender ao Muxía CF, co que foi campión de liga e subcampión de Copa na mesma tempada (1965-1966).

O torneo Manolo Martín, que comezou no ano 1981, desenvolveuse sempre no campo de Arliña, de Muxía, ata que comezou a visitar outros terreos de xogo como Irmás Patiño, de Camariñas; San Paio de Refoxos, en Cee; estadio Riazor, na Coruña, Vero Boquete, en Santiago de Compostela, ou Anxo Carro, de Lugo. Nas primeiras edicións, nos anos 80, co Muxía CF como equipo fixo fronte a rivais como o UC Cee, Corme CF, SD Fisterra ou Xallas CF, para máis tarde ter presenza a selección da Costa e formacións da talla do Bergantiños FC, Racing de Ferrol, Fabril, SD Compostela, Celta B, CD Lugo ou Real Madrid B e C. Así disputaron o torneo xogadores como Mejías, Diego López, Codina, Juanfrán, Paredes, Riki ou Soldado. O estiveron como adestradores Raúl González, Solari, Morientes, Lopetegui ou Amancio Amaro. A última edición que se disputou foi a número 38 no ano 2019, xa que no 2020 e 2021 non se celebraron por mor da pandemia do COVID-19.

Manolo Martín recoñeceu na entrega da medalla: “Cumpríronse con fartura os obxectivos, abríndose novos camiños para alcanzar novas metas de fondo social” e destacou: “O soño do Trofeo Manolo Martín é que se fixo un oco nos torneos estivais do fútbol galego”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas