O Valdetires continúa avanzando na configuración do seu plantel para a vindeira campaña e anunciou a incorporación de Mariña Castro, unha das xogadoras con maior proxección do fútbol sala galego.
A futbolista chega procedente do Meigas para iniciar unha nova etapa na súa carreira deportiva e converterse nunha das novas pezas do conxunto ferrolán.
A entidade verde aposta deste xeito por unha xogadora nova, con talento e un importante marxe de crecemento, nun movemento que reforza a súa aposta polo futuro e pola consolidación dun proxecto competitivo de cara á próxima tempada.
Mariña Castro afronta este novo reto con ilusión e co obxectivo de continuar evolucionando como xogadora, ao tempo que achega a súa calidade e compromiso a un equipo que segue sumando efectivos para encarar con garantías o novo curso.
A propia futbolista xa amosou a súa satisfacción tras facerse oficial a súa chegada ao club ferrolán. “Desexando comezar este novo proxecto e aportar todo o que poida, con moita ilusión e ganas de gozar”, sinalou a nova xogadora do Valdetires Ferrol.
Co fichaxe de Mariña Castro, o Valdetires dá un novo paso na construción dun equipo que continúa tomando forma e que aspira a afrontar a próxima tempada cun bloque renovado, ambicioso e preparado para competir ao máximo nivel.
Foto: sadmoody241




