O primeira liña, Mario Cancela (Carballo, 2003), cumpre a súa cuarta tempada no primeiro equipo e o crecemento deste xogador saído da canteira carballesa foi en curva ascendente.
Mario, que porta o dorsal 55 porque levaba o “5 desde pequeno, cando empecei a xogar ao balonmán, porque sempre me gustaba ese número e agora teno un compañeiro, por iso decidinme polo 55 e agora mesmo me gusta máis”, converteuse nunha das pezas craves do Calvo Xiria, en especial como goleador, sendo o segundo anotador do equipo con 118 tantos, tan só por detrás de Pichel con 130, aínda que para Mario o importante é “gañar e sumar puntos na clasificación”, aínda que “sempre está ben saber que estás a facer un bo traballo na pista”. E non é para menos, xa que cada tempada os seus números melloran, marcando 53 na campaña 21/22, 84 na 22/23 e 183 na 23/24.
Foto: Neypa Fotografía