Pichel: a lenda de Carballo

O primeira liña do Balonmán Xiria, David García Pichel (Carballo, 1994), é unha lenda cunha gran traxectoria deportiva en equipos como o Ademar León, Teucro, Atlético Novás e formar parte do combinado español xuvenil.

Para Pichel, defender as cores do Calvo Xiria “é un privilexio. O club onde empecei a xogar e no que seguramente xogarei o meu último partido se a miña situación laboral permítemo. Hai moita xente traballando de forma desinteresada para que o club funcione e eu tento achegar tamén todo o que poida”.

Sobre os obxectivos, o carballés opina que “estamos un pouco en terra de ninguén, pero marcámonos obxectivos máis a longo prazo que nos permitan volver pelexar as próximas tempadas polos postos de arriba”, mentres que individualmente “non me marco ningún obxectivo máis aló de tentar facelo o mellor posible en todas as facetas do xogo e que iso implique unha mellora no grupo”.

Sobre os momentos especiais na súa carreira, Pichel di que “podería quedarme con moitos, coas fases de ascenso xogadas co Xiria ou Novás, os títulos de liga en Teucro, tamén en categorías base vivín momentos moi especiais”, pero o que máis lembra é “o meu primeiro partido en Liga Asobal con Ademar. Era a miña primeira experiencia fóra de casa e recentemente terminada a etapa xuvenil. Foi unha experiencia moi bonita”.

Foto: Neypa Fotografía

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras