NÉSTOR GONZÁLEZ: Dobre función de adestrador e xogador

Néstor Alberto González Jerez tivo que afrontar unha tempada 2021-2002 estraña, debido a que tivo que realizar a dobre función de xogador e adestrador. Para esta última labor tamén contou coa colaboración de Joaquín Lago Vázquez, “Xaco”, David Blanco Rama e Xabier Larrañaga Ledo.

Néstor volveu ser o xogador desequilibrante, que o foi desde que chegou a Dumbría fai seis tempadas, cando o equipo afrontou a súa primeira campaña na Superliga 2 Masculina.

Que valoración fai da tempada?

Ao final foi unha gran tempada, acabamos arriba e competimos contra absolutamente todos os equipos. O noso obxectivo a principio de tempada era ese e cumprímolo, hai equipos moi potentes na categoría e demos a cara en cada partido. Estou moi orgulloso do desempeño do equipo.

En que cambiou o equipo para esa gran reacción final?

Co transcurso dos partidos fomos afinando o noso xogo, á fin e ao cabo este ano tivemos moitos movementos no equipo; os novos e menos habituais tiveron que dar un paso adiante e iso costa. Neste tramo final co grupo rodado e xa coñecéndonos na cancha puidemos dar o noso mellor nivel.

E que destacaría da tempada transcorrida?

Todo, a verdade. É complicado facer de xogador e adestrador pero os meus compañeiros e o club estiveron aí apoiándome. Agradezo o compromiso de todos e creo que este ano como xogadores e como equipo progresouse. A dinámica é ascendente.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas