VOLEY DUMBRÍA: Finaliza na terceira praza

O Voley Dumbría pecha a tempada cunha gran reacción final e así consegue finalizar na terceira praza da Superliga 2 Masculina.

A parte final da tempada do Voley Dumbría foi sinxelamente espectacular e eses excelentes partidos realizados levantaron á escuadra da Costa da Morte, baixo a dirección de Néstor González, á terceira posición final da Superliga 2 Masculina, grupo A. Os xogadores do Conco, unicamente perderon co líder e gran favorito, o CDV Téxtil Santanderina, e conxuntamente co Sanaya Libby, s La Laguna, os únicos equipos que derrotaron aos homes de Néstor González na segunda volta. En total sufriu sete derrotas, cinco na primeira volta e delas as tres primeiras nos tres primeiros encontros da competición. O equipo foi crecendo conforme pasou as cinco primeiras xornadas, nas que presentaba catro derrotas e unha vitoria, esta na súa cancha fronte ao CD Badajoz Extremadura. Ademais, o equipo tivo o engadido de ver debutar ao xogador cadete Tiago Fernández, de 14 anos, con motivo da xornada 14º nun Voleibol Dumbría – CV Utrera (3-0) e foi convocado outra vez, na xornada 16ª no CDV Textil Santanderina – Voleibol Dumbría (3-1).

Nos últimos encontros púidose ver o potencial real dun equipo que tardou en aclimatarse aos importantes cambios, o principal, o do seu adestrador, xa que Luís Alberto Fernández (Corcubión, 1975) deixou o equipo no que estivo 14 anos, e no que segue, pero nas categorías inferiores.

O persoal que utilizou Néstor López formárono 14 xogadores, aos que habería que engadir o central cadete Tiago Fernández (Corcubión, 2007).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia