NOEMI: Vencedora do trofeo de Bisbarra en xogo e VO Ferrol á máxima goleadora de Ferrolterra da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP

A xogadora da SD O Val, Noemi, recibiu o trofeo organizado por Bisbarra en xogo e patrocinado por VO Ferrol á máxima goleadora dos equipos de Ferrolterra da Primeira División Galega Arzúa – Ulloa DOP ao sumar un total de 32 tantos.

O director de Bisbarra en xogo, José Pena, entregou o trofeo a Noemi na última xornada da tempada tras rematar o encontro no Sinde B con vitoria da SD Tordoia ante as valexas por 2-3.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas