NOVIDADES: Actualización protocolo Covid

Grandes novas para o fútbol da Costa e un pasiño máis que nos achega xa a normalidade. A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vén de certificar a actualización do Protocolo Fisicovid DXT Galego presentada pola Real Federación Galega de Fútbol. Unha actualización con importantes novidades e que é efectiva dende o martes 2 de novembro.

As principais novidades con respecto ao anterior protocolo son:

  1. Os maiores de 12 anos que acrediten dispor da pauta completa de vacinación (Certificado Covid), ou certificado de recuperación, poderán adestrar e xogar sen a necesidade de facer test nin usar a máscara.
  2. Os maiores de 12 anos que non acrediten dispor do certificado de vacinación ou de recuperación deberán realizar un test Covid dentro das 72 horas previas á disputa do partido para poder xogar.
  3. Os menores de 12 anos (nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín) deberán seguir usando a máscara, tal e como establece a normativa vixente.
  4. Deixa de ser obrigatorio o rexistro das persoas que entran na instalación deportiva.
  5. Bancos: Permítese o uso dos bancos con normalidade. No caso de non poder manter a distancia de seguridade é obrigatorio o uso de máscara. En interior o uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
  6. Os responsables Covid de cada equipo deben indicar na Intranet os xogadores que dispoñen de certificado de vacinación ou recuperación e aqueles que precisan realizar a medida alternativa (test) según o seguinte procedemento que se adxunta na noticia.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,