O Xallas FC pode presumir esta tempada da formación feminina, que compite en Segunda División Autonómica.
Se durante a pretemporada, o equipo de Rupper estivo a estruturar o persoal a base de cinco encontros amigables, a pasada fin de semana o equipo estreouse oficialmente fronte ao Vitoria FC “ C”, no campo Santa Isabel, de Santiago de Compostela, e o marcador foi de 0-1.
O Xallas FC comeza a súa historia cunha boa imaxe, xa que está a mostrarse como un conxunto competitivo. Con xogadoras que, individualmente, son capaces de encarrilar os partidos e que, colectivamente, van en pouco tempo a máis. A falta de conxunción irase superando a base de ir disputando encontros durante este campionato.
O responsable do equipo xalleiro é Roberto Carlos Suárez Fidalgo, “Rupper” (Santa Comba, 1979), un adestrador cunha longa traxectoria nos conxuntos de base do Xallas FC. Con el está Eloy García Feteira (Santiago, 1994), que tamén fai as funcións de delegado. Ambos afrontan esta a súa terceira tempada xuntos no banco, xa que as dous anteriores estiveron cos xuvenís do conxunto de Santa Comba. Despois do primeiro encontro, que tivo lugar en Santiago, o equipo se apresta para xogar o seu primeiro derbi oficial e farao en Fontenla esta próxima xornada ao recibir ao Unión Deportiva Cerqueda, conxunto co que se estreou oficialmente e as malpicás gañaron 1-2.