O AD Judo Ferrolterra conquistou sete ouros na terceira xornada a Liga Galicia Rías Altas

O pasado sábado 24 de xaneiro disputouse en Arteixo a 3ª Xornada da liga Galicia Rías Altas e ata alí desprazáronse 50 judocas da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, nas diferentes categorías, desde benjamín ata senior.

En categoría benxamín conseguíronse 7 medallas (2 ouros, 1 prata e 4 bronces). Iago Rubianes e Nicol Carro foron campións; Carla Salvador conseguiu a prata; e bronces para Hugo Mosquera, Inés Pérez, Nayeli Botana e Victoria Díaz.

En categoría alevín acadaron 6 medallas (1 ouro, 2 pratas e 3 bronces). José Cancio foi campión; Adrián Lage e Aina Siso alcanzaron a prata; e bronces para Xan Viñas, Alberto Troncoso e José Luis García.

Pola súa banda, os infantís, que quedaron primeiros por equipos, conseguiron tamén 8 medallas (4 ouros e 4 bronces). Alba Bollo, Xeila Herrera, Julio Freire e Xabier Allegue alzáronse campións. Os bronces foron para Ary Rodríguez, Iago Pérez, Iago Miño e Iosu Freire.

En categoría cadete, Iria Martínez foi ouro e Lucía Soto conseguiu o bronce.

O equipo senior disputou dous encontros perdendo no primeiro co Ximnasio JK no combate de desempate e con Judo Club Arteixo 5-1.

Como adestradores do club estiveron Alberto López “Pitu”, Armando Castro, Alex Castro e Mario Tenreiro, e como parte da organización Alberto Castro.

Nesta xornada realizouse tamén un adestramento de “Special Judo” – Judo Paralímpico onde participou Saúl Cabarcos co seu mestre Alberto Castro.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas