Dez ouros na 4ª xornada da liga galicia rías altas

O pasado sábado 14 de febreiro disputouse en Fene a 4ª Xornada da Liga Galicia Rías Altas, ata onde se desprazaron 50 xudocas da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, nas diferentes categorías desde benxamín ata sénior.

Na categoría benxamín acadáronse 9 medallas (2 ouros, 2 pratas e 5 bronces). Iago Rubianes e Carla Salvador proclamáronse campións; Paula Estraviz e Enzo Pérez conseguiron a prata; e os bronces foron para Marco Pérez, Martín Vila, Álex Pérez, Isabella Cidoncha e Victoria Díaz.

Na categoría alevín obtivéronse 5 medallas (2 ouros, 1 prata e 2 bronces). José Cancio e José Luís García foron campións; Adrián Lage acadou a prata; e os bronces foron para Xan Viñas, Alberto Troncoso e Aina Siso.

Pola súa banda, os infantís, que remataron primeiros por equipos, lograron tamén 6 medallas (5 ouros e 1 bronce). Alba Bollo, Xeila Herrera, Julio Freire, Iago Miño e Xabier Allegue proclamáronse campións. O bronce foi para Ary Rodríguez.

Na categoría cadete, Iria Martínez foi ouro, mentres que Amelia Tenreiro e Lucía Soto conseguiron a prata.

O equipo sénior mixto disputou dous encontros, perdendo o primeiro fronte ao Judo Club Arteixo e gañando o combate polo bronce contra Terras de Santiago. O equipo estivo formado por Alba de Bernardo e Sofía Alonso na categoría feminina, e na masculina por Bruno Carrodeguas, Iago Faro, Adrián Seco, Alexandre Faro, David Herrera e Pablo López.

Como adestradores do club estiveron Alberto López “Pitu”, Alba Martínez, Alba de Bernardo, Armando Castro, Álex Castro e Mario Tenreiro; e como parte da organización, Alberto Castro.

Nesta xornada disputada en Fene participaron 480 xudocas de toda Galicia e un club de Castela e León.

Info e foto: Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde