O Bergan acada o liderado tras vencer ao Arosa

O conxunto carballés ponse líder da Terceira Federación tras vencer ao Arosa por 1-3 na úndecima xornada disputada no campo A Lomba de Vilagarcía.

A volta ao once de Musy e as titularidades de Kanouté e Remeseiro foron as principais novidades no once de Secho: Canedo, Isra, Iago L., Iago M., Cabarcos, Kanouté, Manu, Álex Ramos, Pedrosa, Musy e Remeseiro.

O partido comezou con dominio local e cun Santi Canedo imperial que durante todo o encontro foi liquidando aos poucos. O conxunto de Secho foise estirando a medida que pasaban os minutos ata que atopou a súa primeira ocasión nas botas de Ramos, que disparou por encima do traveseiro.

O premio chegou ao fío do descanso tras unha man clara na área que non desaproveitou Ramos desde o punto de penalti e co 0-1 chegouse ao descanso.

O inicio da segunda parte foi similar ao do partido contra a Sarriana, cun Bergan máis relaxado. O Arosa apertou e Canedo, que seguiu achicando augas ata que xa non puido facer máis e Santi Figueroa empataba no 60′ tras varios rebotes na área. Secho moveu o banco e deu entrada a Cano e Currás por Pedrosa e Remeseiro. No 71′, Longo entrou por Musy e acto seguido fixo un dos goles da tempada. Un balón perdido e botando a 40 metros da portería, bateuno facendo un golazo por encima do porteiro local. A partir de aí, partido de ida e volta.

David Álvarez e Álex Lorenzo entraron por Isra e Ramos no 84′. Cano fixo outro golazo no 90′ coa zurda nunha xogada individual dentro da área co que o Bergan logrou unha vitoria importantísima e acadou o liderado.

Fotos: Bergantiños FC

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas