O CD Muros loita por conseguir a permanencia

A zona baixa da Liga da Costa está moi emocionante cando restan apenas seis xornadas para finalizar a competición.

Catro equipos loitan por evitar as dúas últimas posicións que condenan ao descenso á Terceira Galicia. SD Camelle (11 puntos), Volantes de Baño CF (15 puntos), CD Baiñas (15) e CD Muros (19) loitarán ata mediados do mes de maio por permanecer na Segunda Galicia da Costa.

Falamos con Vinto Tajes, adestrador do CD Muros, o equipo que ten mellor puntuación para coñecer as súas impresións nun momento crucial da tempada:

Como atopaches ao equipo no momento da túa chegada hai dous meses?
O equipo cando eu cheguei estaba fisicamente moi baixo.

Como vés ao CD Muros para esta fase decisiva da tempada?
Agora mesmo vexo ao equipo traballando bastante ben e con moito compromiso, gañando bastante fondo físico e adaptándose as novas posicións no terreo de xogo.

O vindeiro domingo chega o derbi ante o Volantes de Baño. Que agardas deste partido de rivalidade local?
No partido ante o Volantes de Baño agardamos conseguir un resultado positivo, os derbis adoitan ser moi competitivos. Os dous equipos chegamos moi necesitados de puntos, polo tanto pode pasar de todo.

Conseguirá o CD Muros a permanencia na Segunda Galicia?
Loitaremos con todas as nosas forzas para intentar conseguir gañar os partidos que nos quedan e desa forma poder competir a vindeira temporada na Liga da Costa.

Reto importante tanto para o CD Muros que este domingo no Eleuterio Balayo afrontará un derbi de necesitados ante o seu gran rival, o Volantes de Baño. Comeza para estes dous conxuntos do concello de Muros e tamén para o SD Camelle e o CD Baíñas a conta atrás para intentar permanecer unha tempada máis na Segunda Galicia da Costa.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas