Feito histórico para o fútbol costeiro o que tivo lugar o luns 25 de marzo na Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias na cidade de A Coruña, onde a selección sub-11 feminina da Costa da Morte dirixida por Eloy García e Andrea Barbeira conseguía vencer no Campionato Galego.
Despois dunha boa Primeira Fase en Dumbría nas datas de Entroido, as costeiras proclamábanse como as mellores de Galicia vencendo na Coruña a Vigo por 1-0 e a Santiago, tamén por 1-0 na Fase de Grupos. Na gran final medíanse de novo a Vigo e desta vez vencían con moita autoridade, gracias aos goles de Claudia Neira (2), Laura López, Carla Antelo e Martina Lago, obtendo un resultado de 5-0 e proclamándose campioas galegas de seleccións, unha heroicidade para as costeiras que competiron con potencias como Ferrol ou Santiago, terceiras e cuartas clasificadas, respectivamente ou como as anfitrioas de A Coruña, que finalizaron quintas.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol entregou a capitana da selección de A Costa, Martina Lago o trofeo que as acreditaba como campioas galegas. Unha Selección de A Costa sub-11 Feminina formada polas seguintes xogadoras: Valentina García (CF Dumbría), Noa Sambad (CF Muxía), Martina Lago (ED Os Miúdos), Carla Antelo (Outes Club de Fútbol), Noa Rellán (CD Concello de Zas), Antía Puñal (Corme CF), Martina Fernández (ED Os Miúdos), Claudia Neira (Corme CF), Laura López (CD Concello de Zas), Claudia Ares (Unión Club Cee), Marina Andrade (Unión Club Cee), Lucía Romero (Outes Club de Fútbol), Jimena Gordillo (Escola Fútbol Concello de Carnota) e Sara Roca (CD Concello de Zas), e como adestradores Eloy García Feteira e Andrea Barbeira Vilar.
BO TRABALLO DAS RESTANTES SELECCIÓNS DE A COSTA
O fútbol base costeiro estivo ben representado no Campionato Galego de Seleccións ademais de polas campioas sub-11 Feminina, polo conxunto sub-11 masculino que a pesar dun grande esforzo ocupaba o oitavo lugar, pola selección sub-14 feminina que finalizaba tamén en oitavo lugar, así como polo combinado sub-13 masculino, quen ocupaba empatado a puntos coa selección de Pontevedra o oitavo posto da clasificación.
Foto: Futgal