As rapazas, as grandes protagonistas da boa actuación do clube costeiro con cinco medallas, tres delas de ouro.
Disputouse a pasada fin de semana do 20 e 21 de abril a segunda proba da Copa Galega de Promoción de Slalom na vila portuguesa de Covas, en augas do río Coura, aínda que organizada polo clube CDM Teixugos de Goián. A proba se celebrou nun percorrido moi esixente para os competidores pola súa dificultade, pero foi moi do agrado dos participantes.
En canto a actuación costeira, destacan as medallas de ouro de Clara Mancebo en K1 alevín feminino, Carmen Llaria no C1 alevín feminino e Vega Cives no K1 benxamín femenino. Clara Mancebo repetiu podium sendo plata no C1, e Carmen tamén fixo bronce no K1. Iera Lema, Clara López, Iván Llaria e Marcos Martínez non puideron subir ao podium a pensar de facer boas mangas.
A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa Galega de Promesas de slalom que se celebrará o 5 de maio en Dumbría, no campo de Slalom de O Couquiño, e que valerá os clubes galegos de preparación para a Copa de España de Promesas de Slalom que acollerá o río Xallas a fin de semana do 17, 18 e 19 de maio.
CAMPAÑA DE VERÁN DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA
Por outra banda, nos vindeiros días, o CDM Piragüismo Dumbría presentará a súa campaña de captacion de novas incorporacións o clube baixo o lema “Necesitamos Xente Valente”. Para máis información contactar co Concello de Dumbría, no teléfono 629126623 ou en calquera das redes sociais do clube CDM Piragüismo Dumbría.
Info e fotos: CDM Piragüismo Dumbría