Kayak Mig Segre de Ponts e Santiagotarrak de Irún subiron tamén ao podio.
Presentáronse 220 participantes, e 21 clubes de toda España, ademais dalgún portugués. Moitísimo público nas beiras do río Xallas no tramo coñecido como O Couquiño, e un cheo total nos aloxamentos da comarca. A pesar do mal arranque da proba a causa da imposibilidade de adestrar os participantes na xornada do venres, finamente o campionato se celebrou nas xornadas de sábado e domingo co éxito organizativo habitual nas probas que se celebran no Concello do Dumbría. Os xoves deportistas de toda a península desfrutaron dun excelente escenario que este verán
acollerá a Copa de España selectiva para os Campionatos do Mundo junior e sub23.
En canto a competición en si, repetiu o podio da pasada tempada, co Atlético San Sebastian triunfando por diante do Mig Segre e o Santiagotarrank. O mellor equipo galego foi o Tea de Mondariz Balneario cun quinto posto, mentres que o CDM Piragüismo Dumbría coa participación de Iera Gerpe e Iván Llaria no K1 infantil non foi quen de alcanzar as finais.
A proba saíu adiante grazas á colaboración dos socios do club, do Concello de Dumbría e da colaboración de Xeal, aportando o caudal de auga ideal para a celebración do evento.
A vindeira cita da Copa de España de Promesas terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de xuño en Irún, Guipúzcoa.
Fotos: Antonio Cortiñas