O Club Ciclista Dumbría compite no Campionato Galego de 3 horas Resistencia BTT

Agustín Sousa, Iván Ferradás e Mario Castro rematan o campionato nos postos 20, 23 e 27 da categoría máster absoluta, respectivamente.

Este ano 2026 o Club ciclista Dumbría acode cos seus tres membros máis activos ao Campionato Galego de Resistencia BTT, que consta de 6 probas puntuables e mais a Copa de Galicia da mesma modalidade.

Os integrantes son:

  • Mario Castro, Kornecho, na categoría M30, na que alcanzou o terceiro posto, un mérito enorme para o club dumbriés.
  • Iván Ferradás, que aínda que non estivo nas dúas primeiras probas que o afastaron do podio na categoría M50, logrou quedar sempre entre os postos de cabeza e conquistar un meritorio sétimo posto nesta categoría. Confiamos en que o próximo ano pelexará polos postos de honra.
  • Agustin Sousa, de menos a máis en todas as carreiras, competindo na categoría con máis participación, a M40, quedando sempre ao redor do posto 10 da categoría.

Na clasificación final do Campionato Galego de 3h Resistencia, na categoría Máster obtiveron os seguintes postos:

  • Agustín Sousa, con 102 puntos, posto 20 máster
  • Iván Ferradás, con 90 puntos, posto 23 máster
  • Mario Castro, con 38 puntos, posto 27 máster

Info e foto: Concello de Dumbría

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde