Examen a 120 judocas

O pasado domingo 15 de febreiro, no Pavillón da Xunqueira de Fene, pasaron polo Tatami 120 judocas, desde cinto branco a laranxa, para demostrar as súas habilidades técnicas fronte aos seus mestres e profesores e poder así cambiar de grao.

Judocas de toda a comarca, pertencentes aos clubs Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra e Escola Judo Fene, foron examinados recibindo o seu novo cinto, así como un diploma acreditativo e o carné do seu novo grao.

Os exames estiveron coordinados polos mestres de ambos os clubs, Alberto Castro e Alba González de Bernardo, quen comprobou a evolución dos máis novos do club provenientes de Valdoviño, Fene, Narón, Ferrol, Cabanas, Pontedeume, Miño, Teixeiro e Bertamiráns.

Como profesores participaron Alberto López “Pitu”, Alex Castro, Armando Castro, Alba Martínez, Carlos Javier Ares, Bruno Carrodeguas, Pablo López, Carlos Botana, Miguel Portela e axudante Lucía Soto.

Info e foto: Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde