O Club de Salvamento e Socorrismo Laracha asinou unha actuación de gran nivel no Trofeo Concello de Caldas celebrada esta pasada fin de semana 3 e 4 de xaneiro, unha cita histórica e de alta competitividade no calendario galego do salvamento e socorrismo.
Como novidade o domingo día 4 celebráronse os primeiros xogos Alevíns, unha xornada non competitiva na que participaron os nosos alevís na súa iniciación deportiva centrada na convivencia e nos valores do deporte base.
A entidade larachesa pechou a competición o sábado 3 cun meritorio segundo posto na clasificación xeral por clubs, grazas á suma de puntos de todas as categorías —infantil, cadete, absoluta, júnior e máster—, nun claro exemplo de rendemento colectivo e solidez deportiva.
Cómpre salientar que, nas clasificacións por equipos, o SAL Laracha impúxose na sesión infantil-cadete da xornada da mañá, acadando a primeira posición grazas á excelente actuación colectiva nos relevos e nas probas individuais destas categorías. Este resultado confirma o gran nivel competitivo da canteira larachesa e o traballo continuado de formación que se desenvolve no club.
DOMINIO DA CANTEIRA NA XORNADA DA MAÑÁ: PRIMEIRO POSTO INFANTIL – CADETE
A xornada matinal estivo marcada polo claro dominio do SAL Laracha nas categorías base, con múltiples podios nas probas de relevos e unha actuación coral que permitiu ao club liderar a clasificación infantil-cadete por equipos.
Podios en relevos – categorías infantil e cadete
Categoría infantil
🥇 Relevo infantil feminino – remolque de maniquí
1ª posición Relevo A: Julia, Jimena, Noa Queijo e Martina
🥉 3ª posición Relevo B: Carmen, Sabela, Andrea e Noa Parga
🥇 Relevo infantil masculino – remolque de maniquí
1ª posición: Borja, Lucas, Joel e Izan
🥈 Relevo infantil feminino – con aletas
2ª posición: Julia, Sabela, María e Iria
🥉 Relevo infantil masculino – con aletas
3ª posición: Lucas, Isaac, Hugo Sande e Borja
Categoría cadete
🥇 Relevo cadete masculino – remolque de maniquí
1ª posición: Manuel, Hugo, Simón e Darío
🥇 Relevo cadete masculino – con aletas
1ª posición: Manuel, Hugo, Simón e David
🥉 Relevo cadete feminino – con aletas
3ª posición: Julia, María, Marcela e Alba
Resultados individuais destacados
Categoría infantil
Julia Bolón Collazo
🥈 2ª nos 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas (infantil feminina)
🥈 2ª nos 100 m socorrista (infantil feminina)
Sabela Paulos García
🥉 3ª nos 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas (infantil feminina)
Borja Blanco López
🥉 3º nos 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas (infantil masculina)
Lucas Chouciño Sotelo
🥉 3º nos 100 m socorrista (infantil masculina)
Categoría cadete
Hugo Ferreño Varela
🥇 1º nos 100 m remolque de maniquí con aletas de goma (cadete masculina)
🥇 1º nos 100 m remolque de maniquí (cadete masculina)
Simón Caamaño Verdía
🥉 3º nos 100 m remolque de maniquí con aletas de goma (cadete masculina)
Alba Vázquez Gende
🥉 3ª nos 100 m remolque de maniquí con aletas de goma (cadete feminina)
Aportación clave das categorías absoluta, júnior e máster
🥈 2º posto no 4×25 m relevo de remolque de maniquí absoluta feminina, con participación do equipo júnior
Noelia Loureiro Serrano
🥇 1ª nos 100 m socorrista (absoluta feminina)
🥈 2ª nos 100 m remolque de maniquí con aletas (absoluta feminina)
Iria Barreiro Matos
🥉 3ª nos 100 m remolque de maniquí con aletas (absoluta feminina)
Categoría máster
Luís Rubén Caamaño Verdes
🥇 1º nos 100 m socorrista máster 40-44 masculina
Martín Pensado Mariño
🥈 2º nos 50 m remolque de maniquí máster 40-44 masculina
🥈 2º nos 100 m remolque de maniquí con aletas máster 40-44 masculina
Diego Parga García
🥉 3º nos 100 m remolque de maniquí con aletas máster 45-49 masculina
UN ÉXITO COLECTIVO
O primeiro posto infantil-cadete da mañá, o excelente rendemento individual e colectivo e a aportación decisiva das categorías superiores permitiron ao Club de Salvamento e Socorrismo Laracha acadar o segundo posto final por clubs no Trofeo Concello de Caldas, consolidando á entidade como unha referencia do salvamento e socorrismo galego e poñendo en valor o seu modelo de formación deportiva.
SOBRE O CLUB SALVAMENTO ACUÁTICO LARACHA (SAL)
O Club Salvamento Acuático Laracha é unha entidade deportiva de referencia en Galicia, especializada en salvamento deportivo e comprometida coa formación integral de deportistas de tódalas idades. Con mais de 80 licenzas federativas, o club desenvolve a súa actividade en A Laracha (A Coruña), promovendo o deporte como ferramenta de desenvolvemento persoal, cohesión social e vertebración territorial, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.
Info e foto: SAL




