O equipo absoluto do AD Fogar despediu o ano en Lugo cun gran campionato

Os pasados 27, 28 e 29 de decembro, 16 deportistas da AD Fogar tomaron parte en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal de Frigsa, onde callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 28 equipos participantes no torneo.

No referente ás clasificacións por equipos o AD Fogar foi 10º en femininas, 7º en masculinos e 9º en conxuntos. Ademais, os integrantes do club nadaron en dez finais A e dez finais B, acadando 3 medallas, 23 mellores marcas persoais, unha mellor marca galega e 15 récords do club.

Desta volta as medallas foron para Martín López, ouro nos 100 braza e bronce nos 50 braza e para Anxo Fuentefría, ouro nos 200 braza. No que ás mellores marcas se refire, Anxo Fuentefría bateu a galega de 16 anos nos 200 braza, e as do club nos 50 (16 anos), 100 (16 anos), 200 braza (16 anos e absoluta) e 200 estilos (16 anos); Martín López as do club nos 50 e 100 braza (absolutas); Alba Lamas a do club nos 200 costas (14 anos e absoluta); e Manuel López a do club nos 50 costas (15 anos). Ademais melloráronse tamén os anteriores rexistros absolutos do club nas remudas femininas dos 4×100 libres e estilos e 4×200 libres, e nas remudas masculinas dos 4×50 libres e estilos.

Info e foto: AD Fogar

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas