O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) iniciou a tempada de praia cunha destacada actuación na I Xornada do calendario da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, marcada por un contexto de preparación limitado pero cun rendemento competitivo moi alto.
As categorías xuvenil, júnior e absoluta chegaban directamente do Campionato de España disputado en Castellón, sen apenas adaptación ao medio natural. Ademais, os temporais do últimos meses con continuas alertas laranxas no mar, condicionaron o inicio dos adestramentos na praia, reducindo o traballo específico previo a esta primeira cita. A pesar destas dificultades, o SAL volveu demostrar a súa capacidade de adaptación e o talento dos seus deportistas.
DOMINIO EN CATEGORÍA INFANTIL: CAMPIÓNS POR CLUBES
A xornada do sábado deixou unha actuación incríble do equipo infantil, que se proclamou 1º clasificado por clubes, confirmando o excelente traballo de formación do SAL.
Éxito colectivo en relevos: O club amosou unha superioridade incontestable no Relevo de Táboa, logrando o 1º e 2º posto.
Resultados individuais infantís destacados (Top 10):
- Julia Bolón Collazo: 1º en Bandeiras e 1º en Carreira con Táboa.
- Lucas Chouciño Sotelo: 1º en Carreira con Táboa e 3º en Bandeiras.
- Borja Blanco López: 2º en Bandeiras e 3º en Carreira con Táboa.
- Joel Landeira Suarez: 4º en Bandeiras y 4º en Táboa.
- Noa Queijo Couselo: 7ª en Táboa.
- Santiago Martínez Rey: 7º en Bandeiras.
- Carmen Domínguez Fariña: 8ª en Bandeiras y 8ª en Táboa.
- Hugo Sande Varela: 8º en Bandeiras.
- Sabela Paulos Garcia: 9ª en Táboa.
- Martina Lavandeira Pose: 10ª en Bandeiras.
- Noa Parga Mosquera: 10ª en Táboa.
- Isaac Mancebo Martinez: 10º en Táboa.
O esforzo do resto da expedición foi clave para sumar os puntos necesarios para o título.
DESTACADA ACTUACIÓN DAS CATEGORÍAS CADETE E XUVENIL
Na clasificación por categorías, o club logrou unha brillante 2ª posición na categoría cadete e a 4ª posición na categoría xuvenil, consolidándose como un dos referentes do salvamento deportivo galego.
Resultados destacados cadetes (Top 10)
Os nosos deportistas e equipos de relevos obtiveron os seguintes resultados de honra:
Categoría Cadete:
- Hugo Ferreño Varela: 1º posición (Bandeiras) e 3º posición (Carreira con táboa).
- Maria Garcia Ferreiro: 3ª posición (Bandeiras) e 5ª posición (Carreira con táboa).
- Simón Caamaño Verdía: 5ª posición (Carreira con táboa) e 10ª posición (Bandeiras).
- David Becerra Ramos: 7ª posición (Bandeiras) e 10ª posición (Carreira con táboa).
- Julia Insua Rico: 10ª posición (Carreira con táboa).
- Equipos de Relevos: 1º posto en Rescate con táboa (feminino), 3º posto en Rescate con táboa (masculino) e dous 3º postos en Salvamento con tubo de rescate.
Categoría Xuvenil (TOP 10):
- Pedro Caamaño Verdía: 2ª posición (Bandeiras).
- Sofía Mata López: 2ª posición (Carreira con táboa).
- Shaila Rodriguez Rodriguez: 3ª posición (Bandeiras) e 8ª posición (Carreira con táboa).
- Lía Parga Mosquera: 9ª posición (Bandeiras).
- Equipos de Relevos: 2º posto en Rescate con táboa (feminino), 5º posto en Salvamento con tubo e 6º posto en Rescate con táboa (masculino).
Mención a todos os participantes
Queremos felicitar especialmente polo seu esforzo e dedicación ao resto da expedición quen competiron ao máximo nivel representando as nosas cores.
SOLIDEZ EN CATEGORÍA JUNIOR, XUVENIL E ABSOLUTA.
Na xornada do domingo, o equipo absoluto mantivo o nivel logrando unha meritoria 4ª posición por clubes.
- Relevos (Categoría Júnior): O equipo masculino acadou o 3º posto en Salvamento con Tubo e o 2º posto en Rescate con Táboa. As rapazas asinaron un 4º e un 6º posto respectivamente.
Mellores marcas individuais categoría JUNIOR, XUVENIL E ABSOLUTA (TOP 10):
- Iria Barreiro Matos (4ª en Bandeiras e Táboa).
- Juan Martín Rodríguez (9º en Bandeiras).
- Miguel Salorio (9º en Táboa).
Lideraron os resultados individuais, apoiados pola sólida participación do resto da expedición que axudou a sumar puntos para o club.
UN DEPORTE QUE SALVA VIDAS
O salvamento deportivo é o único deporte no que cada proba ten unha aplicación directa en situacións reais de rescate.
As carreiras con táboa reproducen intervencións rápidas no medio acuático; as bandeiras representan a capacidade de reacción ante emerxencias na area; e as probas de relevos simulan a coordinación necesaria nun rescate real.
Competir en praia implica enfrontarse a un medio cambiante —ondas, correntes, vento e superficie irregular—, convertendo cada proba nun desafío técnico con e físico, con moitas variables que requiren a máxima esixencia.
Cada resultado acadado non só reflicte rendemento deportivo, senón tamén preparación para actuar con eficacia en situacións reais.
PRÓXIMA CITA: Gandarío, 23 de maio de 2026
Dende o club agradécese o compromiso de deportistas, corpo técnico e familias neste esixente arranque de tempada.
Para máis información, por favor contacte con: Club de Salvamento e Socorrismo de Laracha Correo electrónico: salvamentolaracha@gmail.com ou no teléfono 622790479.




