O Club Salvamento Acuático Laracha conquistou Bétera

O Club de Salvamento Laracha subliña o éxito dos seus deportistas no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo infantil e cadete celebrado os días 12 e 13 de abril en Bétera-Valencia, destacando o elevado nivel de esixencia e preparación.

A competición, que esixía o cumprimento de tempos mínimos moi rigorosos para poder acceder, contou coa representación de tres socorristas do club, Shaila Rodríguez Rodríguez, Pedro Caamaño Verdía e Simón Caamaño Verdía, que obtiveron resultados sobresaíntes.

Pedro Caamaño Verdía acadou:

– Medalla de Plata e Novo récord galego nos 100 m remolque con aletas, cun tempo de 00:57.92 frente ao anterior de 00:59.01.
– Medalla de bronce e Novo récord galego nos 50 m remolque maniquí, superando o seu propio récord galego con 00:34.33 frente ao anterior tempo 00:34.85.

Simón Caamaño Verdía obtivo:

– Medalla de bronce nos 100 metros socorrista, cun fantástico tempo de 1:01.89.

Shaila Rodríguez Rodríguez:

– Acadou o 11º posto na proba de 200 supersocorrista, superando a súa marca persoal.

Os tres deportistas lograron un total de tres medallas, o que reflicte o alto nivel de preparación e a eficacia do programa de adestramento do club.  Este éxito subliña o cumprimento do obxectivo do Club de Salvamento Laracha de promover a excelencia deportiva e a formación integral dos seus membros.

O Club de Salvamento e Socorrismo Laracha ten como obxectivo promover a seguridade acuática e a formación de socorristas, fomentando valores como o compromiso, a responsabilidade, o traballo en equipo e a igualdade. O club ofrece actividades formativas e de competición, dirixidas a todas as idades e niveis.

Info e foto: Salvamento Acuático Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras