O Club Salvamento Acuático Laracha consolida un dos proxectos deportivos máis sólidos do salvamento galego tras conquistar dous Campionatos Galegos por clubes

O Club Salvamento Acuático Laracha pechou os Campionatos Galegos de Praia cun balance excepcional, consolidándose entre as grandes referencias do salvamento e socorrismo galego grazas aos magníficos resultados acadados tanto a nivel colectivo como individual celebrados este fin de semana, dende o venres 10 ata o domingo 12 de xullo na Praia de Riazor (Coruña).

O gran protagonismo desta edición chegou nas clasificacións por clubs, onde o SAL conquistou dous títulos galegos, un podio e dous postos de máximo nivel fronte ás mellores entidades de Galicia.

Clasificacións por clubs

Categoría Infantil

Campión Galego por Clubs.

  • 1º Club Feminino.
  • 3º Club Masculino.
  • 3º Club Mixto.

Categoría Cadete

Campión Galego por Clubs

  • 1º Club Masculino.
  • 2º Club Feminino.
  • 1º Club Mixto.

Categoría Júnior

3º Club de Galicia.

  • 2º Club Feminino.
  • 3º Club Masculino.
  • 2º Club Mixto.

Categoría Xuvenil

5º Club de Galicia.

  • 4º Club Feminino.
  • 4º Club Mixto.
  • 8º Club Masculino.

Categoría Absoluta

4º Club de Galicia.

  • 4º Club Feminino.
  • 4º Club Mixto.
  • 5º Club Masculino.

Estes resultados confirman a excelente saúde deportiva do Club Salvamento Acuático Laracha – SAL, que mantén un alto nivel competitivo desde a base ata a categoría absoluta, situándose entre os clubs máis destacados de Galicia.

Grandes actuacións individuais

Categoría Infantil

O equipo infantil completou un campionato extraordinario, proclamándose Campión Galego por Clubs e asinando unha gran actuación colectiva.

LOGROS INDIVIDUAIS

  • Sabela Paulos García, campioa galega en Nadar Surf e 14ª en Carreira con Táboa de Salvamento.
  • Lucas Chouciño Sotelo, prata en Carreira con Táboa, bronce en Nadar Surf e 7º en Bandeiras.
  • Julia Bolón Collazo, bronce en Carreira con Táboa e 7ª en Nadar Surf.
  • Borja Blanco López, bronce en Carreira con Táboa, 12º en Nadar Surf e 15º en Bandeiras.
  • Joel Landeira Suárez, 5º en Carreira con Táboa, 5º en Bandeiras e 9º en Nadar Surf.
  • Jimena Viturro Domato, 5ª en Bandeiras e 8ª en Nadar Surf.
  • Noa Queijo Couselo, 6ª en Bandeiras e 9ª en Carreira con Táboa.
  • Lucía Lamas Pérez, 7ª en Bandeiras.
  • Isaac Mancebo Martínez, 8º en Nadar Surf e 15º en Carreira con Táboa.
  • Carmen Domínguez Fariña, 9ª en Bandeiras, 12ª en Nadar Surf e 13ª en Carreira con Táboa.
  • Noa Parga Mosquera, 11ª en Carreira con Táboa.
  • Iria Martínez Manteiga, 12ª en Bandeiras.
  • Martina Lavandeira Pose, 15ª en Carreira con Táboa.
  • Emma Barreiro Barbeito, 15ª en Bandeiras.
  • Hugo Sande Varela, 14º en Carreira con Táboa, 14º en Bandeiras e 18º en Nadar Surf.
  • Izan Rama Pose, 16º en Carreira con Táboa e 19º en Nadar Surf.
  • María Castro Abelenda, 17º en Bandeiras.
  • Santiago Martínez Rey, 17º en Bandeiras.

Relevos

O SAL conseguiu dous títulos galegos, grazas ás vitorias do equipo feminino en Salvamento con Tubo de Rescate e do equipo masculino en Relevo de Táboa, ademais de cinco medallas de bronce en Relevo Sprint feminino, Relevo de Táboa feminino, Salvamento con Tubo masculino, Relevo Sprint masculino e Triada Mixta.

Categoría Cadete

O conxunto cadete reafirmou o excelente momento do club proclamándose tamén Campión Galego por Clubs.

LOGROS INDIVIDUAIS

  • Hugo Ferreño Varela, campión galego en Sprint e Carreira con Táboa, subcampión en Nadar Surf e 6º en Bandeiras.
  • María García Ferreiro, bronce en Sprint, 4ª en Bandeiras, 6ª en Carreira con Táboa e 12ª en Nadar Surf.
  • Julia Ínsua Rico, bronce en Nadar Surf, 5ª en Bandeiras, 6ª en Sprint e 9ª en Carreira con Táboa.
  • Darío González Santos, 4º en Nadar Surf, 8º en Carreira con Táboa e 15º en Sprint.
  • David Becerra Ramos, 5º en Carreira con Táboa, 5º en Nadar Surf e 10º en Bandeiras.
  • Simón Caamaño Verdía, 6º en Carreira con Táboa e 14º en Nadar Surf.
  • Manuel Liñares Vilariño, 8º en Nadar Surf e 9º en Carreira con Táboa.
  • Martina Díaz Franco, 11ª en Carreira con Táboa.

Relevos

O club conquistou catro títulos galegos, cos triunfos dos equipos feminino en Salvamento con Tubo, masculino en Salvamento con Tubo e Rescate con Táboa, e mixto en Triada. Ademais, sumou dúas medallas de prata e un bronce.

Categorías Xuvenil e Júnior

A expedición xuvenil e júnior mantivo ao SAL entre os mellores clubs de Galicia, destacando o 3º posto por clubs na categoría júnior.

LOGROS INDIVIDUAIS

  • Iria Barreiro Matos, campioa galega en Sprint e Bandeiras, prata en Carreira con Táboa, bronce en Ocean, 8ª en Ski e 9ª en Nadar Surf.
  • Miguel Salorio Campi, prata en Carreira con Ski, 4º en Carreira con Táboa, 6º en Ocean, 8º en Bandeiras e 11º en Nadar Surf.
  • Sofía Mata López, subcampioa galega en Carreira con Táboa, 7ª en Ocean, 8ª en Nadar Surf, 10ª en Bandeiras e 13ª en Ski.
  • Shaila Rodríguez Rodríguez, bronce en Carreira con Ski, 6ª en Sprint, 7ª en Bandeiras, 8ª en Ocean, 9ª en Carreira con Táboa e 10ª en Nadar Surf.
  • Pedro Caamaño Verdía, 4º en Sprint, 4º en Carreira con Táboa, 8º en Bandeiras, 9º en Ocean e 14º en Ski.
  • Lucía Añón Sánchez, 4ª en Carreira con Táboa, 4ª en Nadar Surf, 7ª en Ocean, 13ª en Ski e 14ª en Sprint.
  • Juan Martín Rodríguez Lafuente, 5º en Bandeiras e Ocean, 8º en Carreira con Táboa e Ski, 9º en Sprint e Nadar Surf, 10º en Sprint.
  • Luis Negreira Mariño, 9º en Sprint e Ocean, 10º en Ski e Nadar Surf, 14º en Carreira con Táboa.
  • Lía Parga Mosquera, 11ª en Carreira con Táboa, 11ª en Bandeiras, 13ª en Ocean e 15ª en Carreira con Ski.
  • Gabriela Paulos García, 14ª en Carreira con Ski e 16ª en Carreira con Táboa.
  • Darío González Santos, 15º en Nadar Surf Xuvenil.

Relevos

O SAL asinou unha excelente actuación nos relevos, destacando o ouro do equipo feminino júnior en Rescate con Táboa, sete medallas de prata e dous bronces nas distintas formacións xuvenís e júniors.

Categoría Absoluta

Na máxima categoría, o SAL conseguiu un meritorio 4º posto por clubs, mantendo o seu nivel competitivo fronte ás principais entidades galegas.

LOGROS INDIVIDUAIS

  • Iria Barreiro Matos, 4ª en Carreira con Táboa, 4ª en Bandeiras, 5ª en Sprint e 8ª en Ocean.
  • Sofía Mata López, 6ª en Carreira con Táboa e 11ª en Ocean.
  • Shaila Rodríguez Rodríguez, 8ª en Bandeiras e 10ª en Sprint.
  • Miguel Salorio Campi, 13º en Carreira con Ski.
  • Pedro Caamaño Verdía, 13º en Bandeiras.
  • Lucía Añón Sánchez, 14ª en Ocean.
  • Luis Negreira Mariño, 16º en Sprint.

Relevos

O equipo feminino acadou a prata en Rescate con Táboa e o bronce en Relevo de Táboa, mentres que o equipo masculino sumou tres bronces en Salvamento con Tubo, Relevo de Táboa e Relevo de Ski.

PECHE

Máis aló das medallas e das clasificacións, estes Campionatos Galegos representan a consolidación dun proxecto deportivo e humano que segue medrando ano tras ano. Os resultados acadados son a consecuencia dun traballo continuo orientado a cumprir a nosa misión: atraer e reter talento, ofrecer oportunidades de crecemento ás novas xeracións e formar persoas a través dos valores do salvamento e socorrismo.

O SAL é hoxe moito máis ca un club deportivo. É unha comunidade unida por un forte espírito de pertenza, onde deportistas, familias, persoal técnico, persoas voluntarias, patrocinadores, colaboradores e institucións que nos apoian camiñan na mesma dirección. Todos e cada un dos adestramentos, desprazamentos, competicións e pequenos esforzos individuais constrúen un proxecto colectivo que nos fai máis fortes.

A dirección do club quere expresar o seu máis sincero agradecemento a todas e cada unha das persoas que forman parte desta familia. Porque cada integrante, independentemente do seu papel, achegou o mellor de si para facer posible que o Club Salvamento Acuático Laracha continúe consolidándose como un dos grandes referentes do salvamento deportivo galego. Estes éxitos pertencen a todos.

Pero este campionato non supón un punto final. É un novo punto de partida. O traballo desenvolvido durante toda a tempada xa permitiu que numerosos deportistas do SAL obtivesen a clasificación para representar ao club nas próximas citas nacionais, un premio ao esforzo, á constancia e ao compromiso demostrados ao longo do ano.

A próxima fin de semana, do 17 ao 19 de xullo, o SAL estará presente no Campionato de España Estival Xuvenil, Júnior e Absoluto, que se celebrará en Noja (Cantabria). Tan só unha semana despois, do 24 ao 26 de xullo, será a quenda dos máis novos no Campionato de España Infantil e Cadete de Praia, en Laredo (Cantabria).

Con ilusión, humildade e ambición, o Club Salvamento Acuático Laracha afronta estes novos retos convencido de que o verdadeiro éxito non reside únicamente nos podios, senón na capacidade de seguir formando deportistas, fortalecendo a nosa comunidade e transmitindo uns valores que perduran moito máis alá da competición.

A tempada continúa, e con ela o compromiso de seguir formando persoas, facendo crecer o deporte e levando con orguio o nome da Laracha e de Galicia a cada novo reto deportivo.

Info e foto: Club SAL

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas