O concelleiro de Deportes visitou ao equipo Náutico de Narón co presidente da Fegatri

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri), Javier Campos, visitaron ao equipo Náutico de Narón e o grupo de adestramento do presidente da citada agrupación deportiva, Amando Guerrero.

Santalla e Campos felicitaron aos deportistas locais tralos últimos éxitos acadados e desexáronlles sorte de cara a pasada fin de semana, que foi “intensa” para o Náutico de Narón.

O edil naronés puido conversar coa internacional naronesa Sara Guerrero e tamén con Iratxe Arenal, subcampiona de España elite; David Castro, campión de Europa recentemente e Candela Sánchez, subcampiona no galego xuvenil.

O sábado disputouse a sexta e sétima xornada da Liga nacional de Banyoles, en Girona, e tamén tivo lugar o campionato de Europa Youth, no que estivo presente a naronesa Lucía Piñón.

“Temos na nosa cidade os mellores representantes de Narón en moitos ámbitos, e un deles é o deportivo, onde entidades como o Náutico de Narón sitúan á localidade na elite do deporte a nivel nacional e internacional, o que é un orgullo para as naronesas e naroneses”, asegurou Santalla. O edil destacou tamén o feito de que “deportistas de alto nivel escollan a nosa cidade para a súa preparación”.

Foto: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),