O Concello de Narón abre o prazo de inscrición nunha xornada de “Iniciación ao mergullo” para maiores de 12 anos

O complexo polideportivo municipal da Gándara acollerá o domingo 18 de febreiro unha xornada de “Iniciación ao mergullo” organizada polo Concello de Narón.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe a iniciativa acompañado polo presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, e por Óscar García, integrante do Club do Mar de Ferrol. Ambas entidades colaboran co Consistorio nesta convocatoria.

Santalla explicou que a xornada se dirixe a persoas maiores de 12 anos que saiban nadar e avanzou que se poden inscribir ata o día 15 deste mes nas oficinas do Padroado de Deportes, na Gándara, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:00 horas. O prezo da inscrición é de cinco euros por persoa e os participantes dividiranse en grupos reducidos, de seis persoas. Aconséllase que a maiores do bañador, gorro e chanclas, as persoas que vaian realizar a xornada leven tamén unha toalla.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas e durante a mesma, tal e como indicou García, os participantes recibirán unha serie de explicacións teóricas para a continuación pasar meterse na piscina da Gándara durante uns 15 ou 20 minutos, e realizar largos mergullando.

Dende o Concello e o Náutico Narón animaron á cidadanía a sumarse a esta actividade, que se convoca por vez primeira na cidade e que se concibe a modo de “bautismo”. O obxectivo, segundo apuntaron dende o Club do Mar de Ferrol, é que a xente que realice a xornada “perda o medo a mergullarse”.

Fotos: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Irene Díaz: tempada de dez

Se definísemos a Irene Díaz como futbolista, fariamos mención ao seu dorsal, de dez. Así é a tempada da xogadora do Discalzas SD, asinando nesta