I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo: Dous días cheos de natación na piscina Carballo Calero para lembrar a figura dunha persoa moi querida

A Agrupación Deportiva Fogar de Carballo organizou os pasados 16 e 17 de decembro do 2023 o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, co fin de lembrar a figura do seu directivo fundador e socio honorífico da entidade dende o 2014.

O que fora tamén avogado, músico e gaiteiro falecía de maneira repentina o 28 de xaneiro de 2022 aos 54 anos de idade, cando practicaba natación na piscina Carballo Calero. Pedro xa fora vogal da asociación na primeira xunta directiva constituída alá polo ano 1988. Nos últimos tempos practicaba natación como socio do club, ademais de encargarse da coordinación dos xuíces de natación en Carballo, como membro do Comité Galego de Árbitros da FEGAN. Era unha persoa moi activa e querida na vida social e cultural de Carballo, sendo concelleiro socialista no ano 2007 e durante varios anos tertuliano en Radio Bergantiños.

Desprazáronse ata Carballo nadadores de Catalunya, Comunidade de Madrid e Andalucía para participar nesta sentida homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo. No aspecto deportivo 288 nadadores e nadadoras, en representación de 28 equipos, participaron durante o 16 e 17 de decembro no Memorial, destacando a participación do Mediterrani de Catalunya, o Tenis Chamartín de Madrid e do Club Natación Jerez. Na xornada do sábado competiron os nadadores das categorías infantil, junior e absoluto, quedando para o domingo a categoría Máster. Neste Memorial batéronse un total de 10 records galegos, sendo os mellores deportistas locais, Carla Jiménez Coppa, 3ª clasificada e Manuel Souto Ramos, 5ª clasificados, no que se refire a xornada do sábado. Na xornada do domingo o mellor carballés foi Pablo Fernández Varela, 5ª clasificado na xeral, sendo a nadadora, María Bardanca Pensado, 12ª clasificado a mais destacada das locais.

Na xornada do domingo clausurouse o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo coa entrega de premios, na que participaron a viúva do homenaxeado Clarisa Alonso, o concelleiro de Deportes de Carballo, Daniel Pérez, así como o director xeral da Agrupación Deportiva Fogar, Gustavo Álvarez.

Todos eles coincidiron no éxito deste primeiro Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, agardando que sexa o primeiro de moitos.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas