O naronés Jorge Cagiao e o seu copiloto Javier Martínez venceron no 36º Rallye Cidade de Narón e son aínda máis líderes da CERA – Recalvi

Golpe sobre a mesa do piloto naronés Jorge Cagiao e o seu copiloto Javier Martínez a bordo do Alpine A110 R-GT tras proclamarse por segundo ano consecutivo campións da 36ª edición do Rallye Cidade de Narón e que lles valeu para consolidarse como líderes en solitario da clasificación da CERA (Copa de España de Rallyes de Asfalto) – Recalvi ao vencer tamén en terras catalás na primeira proba do certame nacional, o 25º Rallye La Llana – Ripollès.

Jorge Cagiao e Javier Martínez levaron a batuta de principio a fin en Narón, logrando impoñerse ao dumbriés e campión do 2022, Víctor Senra, que aos mandos do seu Škoda Fabia RS Rally2 e acompañado por José Murado, fixéronse coa segunda praza, mentres que o podio completárono Miguel Fuster e Alba Sánchez co Citroën C3 Rally2.

Tras a disputa do 25º Rallye La Llana – Ripollès e o 36º Rallye Cidade de Narón, Jorge Cagiao domina a clasificación con 70 puntos tras o pleno de vitorias, seguido por Enrique Cruz con 53 e Alberto Ordóñez con 52.

Quedan catro probas para decidir ao campión da CERA – Recalvi do 2024 e na que Jorge Cagiao parte como o principal favorito para coroarse. Esta fin de semana o certame nacional estará nas terras canarias para celebrar o 33º Rallye Internacional BP Villa de Adeje, en Santa Cruz de Tenerife. No mes de outubro, os días 12 e 13 os pilotos desprazaranse ata Almendralejo para competir no 53º Rallye da Vendima. A penúltima proba estará situada en Alacante, correspondendo ao 30º Rallye La Nucía – Mediterráneo Trofeo Costa Blanca os días 9 e 10 de novembro. E finalmente e dentro do mesmo mes de novembro, a copa pecharase os días 19 e 20 en Aragón, sendo Teruel o epicentro co 7º Rallye Mudéjar.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras