Édgar Vigo e Fátima Ameneiro poñen rumbo a Eslovenia

Serán os únicos españois nunha competición con 12 nacionalidades e na que destaca o mundialista Mads Ostberg.

Os pilotos da Escudería Scratch Fene, Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, líderes actuais do FIA European Rally Trophy, competirán esta fin de semana no Rally Mahle Nova Gorica de Eslovenia, 6ª proba do seu calendario continental. Para esta cita, o equipo continuará confiando na estrutura de GC Motorsport pero, nesta ocasión, aos mandos dun Renault Clio Rally 5, vehículo no que non compiten desde hai un ano, cando pecharon a tempada 2023 e obtiveron o subcampeonato europeo do FIA ERT no Rallye du Valais de Suiza.

A competición eslovena, inicialmente non entraba dentro dos plans do equipo galego, pero a súa condición de líderes do certame, fixo reformularse o calendario. Na pasada tempada, este foi o rallye máis complicado de todos os celebrados xa que á dificultade dos tramos, extremadamente esvaradíos e rápidos, uníase unha lesión física de Fátima que impedía ao equipo render ao 100%. Este ano, co coñecemento do terreo, o equipo espera ter unha mellor actuación, para o que decidiu competir na unidade de Renault do equipo, coa que loitarán entre os vehículos Rally5. Entre os seus principais rivais, estarán presentes o búlgaro Nikola Mishev e o eslovaco Martin Kysucky, vencedor en Polonia e que demostrou unha gran progresión nesta fase final do calendario, pasando a ser o principal rival dos coruñeses.

Édgar Vigo: “Despois do mal resultado do ano pasado a bordo do Peugeot, tiramos de estratexia e pasámonos a un Rally5 co obxectivo de obter un maior número de puntos. Os tramos poñerannos a proba tras as dificultadoes da tempada pasada.”

Fátima Ameneiro: “O ano pasado paseino moi mal coas dores de costas, os cales, espero que non se repitan. Os tramos son moi duros e terei que estar ao 100%. O final de tempada está a poñerse moi interesante xa que todos temos o mesmo obxectivo, ser pilotos prioritarios FIA en 2025 e estar en Ruanda na entrega de premios da FIA como campións continentais.”

Info e foto: Scratch Fene

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas