O PARRULO: Comeza a tempada con vitoria

O Parrulo iniciou a tempada con vitoria na casa por 6-4 ante o CD Burela FS.

Na primeira metade ambos os conxuntos gozaron de oportunidades para adiantarse no marcador, pero foi O Parrulo quen golpeu primeiro tras un bo disparo de Rubén Orzáez ao aproveitar o rexeito do tiro previo de Wilson Francia.

O CD Burela FS empataría tan só 2 minutos despois cun disparo desde dentro da área de Rikelme ao que nada puido facer Coro.

Tras varias oportunidades dos dous equipos, Adri volvería adiantar aos ferroláns no minuto 12 tras unha boa xogada individual e gran disparo cruzado que non puido deter Bruno. Co 2-1 chegamos ao descanso.

No segundo tempo, Antón Arnejo igualaría o encontro nos primeiros minutos de xogo tras un bo contragolpe e novamente os visitantes volverían a marcar para darlle a volta ao resultado nun remate de Isma tras un saque de córner.

Adri igualaría o partido ao transformar un penalti cometido sobre Pedro e que lle valeu a expulsión a David Pazos por dobre cartón amarelo, e a falta de 6 minutos para o final do encontro, o Pavillón A Malata vibraría por partida dobre ao poñerse con vantaxe co gol de Pedro e novamente de Adri tras anotar un dobre penalti.

O gol visitante de Isma daríalle emoción aos últimos minutos do encontro e o sempre omnipresente Adri traería á calma e alegría ás bancadas logrando o definitivo 6-4 no marcador e asinando un póker a súa conta particular.

O PARRULO: Coro, Hélder, Adri, Kevin Chis, Iván Rumbo; tamén xogaron Pedro, Rubén Orzáez, Wilson Francia, Domingos e Noel.

CD BURELA FS: Bruno, Isma, Rikelme, Lucho, David Pazos; tamén xogaron Alberto, Pitero, Nito, Antón Arnejo, Nando, Eloy.

GOLES: 1-0 Rubén Orzáez (6’), 1-1 Rikelme (8’), 2-1 Adri (12’), 2-2 Antón Arnejo (22), 2-3 Lucho (26’), 3-3 Adri (31’ penalti), 4-3 Pedro (34), 5-3 Adri (35’ dobre penalti), 5-4 Isma (38′), 6-4 Adri (39′).

ÁRBITROS: Félix Daniel Miguel e Rubén Miguel.

TARXETAS: Amarelas para Wilson Francia, Pedro, Coro e o delegado Manel para os locais e amonestado Antón Arnejo e expulsado tras dobre amarela a David Pazos para os visitantes.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia