RACING DE FERROL: Catro de catro

O Racing de Ferrol suma o pleno de vitorias nas 4 xornadas de liga disputadas ao impoñerse por 3-2 no Estadio A Malata á Cultural Leonesa.

O partido comezou con intensidade por parte de ambos os conxuntos con achegamentos nas dúas porterías e incluso susto local tras o disparo ao pao de Obolskii. Tras esta ocasión, o Racing tomaría o mando do partido e no minuto 13 adiantaríase no marcador tras o golazo de Manu Justo de cabeza despois de rematar un bo centro de Héber.

No minuto 26, os locais novamente golpearían ao rematar Jon García un córner lanzado por Álex López. O Racing está a demostrar esta tempada que a balón parado son uns especialistas e un perigo para as zagas rivais.

Tamén, nun saque de córner e nos instantes finais do primeiro tempo, a Cultural Leonesa recurtaría distancias tras anotar Obolskii o 2-1.

Nos primeiros minutos do segundo tempo, o Racing volveu a poñer terra de por medio ao marcar de novo Manu Justo tras rematar un pase de Carlos Vicente.

Héber estivo preto de anotar o cuarto tanto tras un remate de cabeza que foise por moi pouco e máis tarde Manu Justo rozou o hattrick cun disparo que rechazou o porteiro visitante.

No tempo de desconto, a Cultural Leonesa puxo o 3-2 no marcador despois de varios rexeites na área pequena que terminaron dentro da portería co disparo de Medina.

Finalmente, o Racing sumou os tres puntos e a cuarta vitoria consecutiva nun partido no que os locais volveron a demostrar unha gran imaxe.

RACING DE FERROL: Gazzaniga, Luca Ferrone, Jon García, David Castro, Enol Coto,  Manzanara, Jesús Bernal, Carlos Vicente (Jorge Padilla 85’), Álex Lopez (Del Pozo 64’), Héber (Jaume Jardí 76’) e Manu Justo (Joselu 76’).

CULTURAL LEONESA: Salvi, Saúl, Cristian Pérez, Amelibia, Joel López, Álvarez (Percan 64’), Tarsi, Solis (Medina 77’), Alarcón (Presa 64′), Néstor (Blesa 77’), Obolskii (Muñoz 77’).

GOLES: 1-0 Manu Justo (13’), 2-0 Jon García (26′), 2-1 Obolskii (44’), 3-1 Manu Justo (49’), 3-2 Medina (93’).

ÁRBITROS: Carlos Fernández Buergo e asistentes Daniel Novoa Fernández e Yural Conde Pérez.

TARXETAS: Amarelas aos locais Héber (69’) e David Castro (81’) e aos visitantes Álvarez (47’), Cristian (74’).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,