O PARRULO FERROL: Vitoria no fortín do Pavillón A Malata

O Parrulo suma a súa segunda vitoria en casa por 5-3 ante o Full Energía Zaragoza.

Tras unha vitoria na primeira xornada e unha derrota na segunda, o conxunto ferrolán logrou sumar os tres puntos que o sitúan no 7º posto da clasificación con 6 puntos.

Na primeira parte, ambos os conxuntos gozaron de oportunidades para abrir o marcador, pero foi Pedro o primeiro en lograr o 1-0 para os locais aos 4 minutos de xogo cun gran disparo desde fóra do área tras un saque de esquina.

O partido mostraba moita intensidade, na que os locais rozaban o 2-0 por medio de Adri ou Keita, mentres que os rivais rozaban o empate por medio de Shunta e Jorge Tabuenca, pero finalmente foi Pedro, que asinaba o dobrete da noite, nunha xogada parecida ao do primeiro tanto, cun saque de esquina e un bo remate do xogador local no minuto 17.

O marcador de 2-0 non se movería ata o descanso e tras a reanudación do encontro O Parrulo lograría o 3-0 no minuto 20 por medio de Rubén Orzáez cun disparo desde fóra da area ao que nada puido facer Guille Vela.

Tan só un minuto despois, Hélder faría o 4-0 tras regatear a Guille e aproveitar o rexeite do porteiro para fusilar a portería.

Os visitantes se lanzarían ao ataque en busca do gol e tras varias oportunidades e boas paradas de Coro, terían recompensa no minuto 29 por medio de Jorge Tabuenca que remataba un balón dentro del área.

Co 4-1 e os rivais con porteiro-xogador no campo de O Parrulo, propiciaría unha perda de balón que Hélder non desperdiciou e anotou cun disparo desde o seu campo o 5-1 no minuto 35.

O Zaragoza loitou ata o final do encontro, logrando reducir distancias, primeiro por medio dun gol en propia porta de Kanika no minuto 37 e por medio de Shunta no minuto 39, deixando o resultado nun 5-3 a favor dos locais.

RESULTADO: O Parrulo Ferrol 5-3 Full Energía Zaragoza.

O PARRULO FERROL: Coro, Adri, Rubén Orzáez, Kevin Chis e Hélder; tamén xogaron Turbi, Keita, Wilson Francia, Pedro, Noel, Kanika e Domingos.

FULL ENERGÍA ZARAGOZA: Guille, Fran Tabuenca, Muniesa, Jorge Tabuenca e Pasamón; tamén xogaron Abenia, Álvaro, Shunta e Nano Modrego.

GOLES: 1-0 Pedro (4’), 2-0 Pedro (17’); descanso; 3-0 Rubén Orzáez (20’), 4-0 Hélder (21’), 4-1 Jorge Tabuenca (29’), 5-1 Hélder (35’), 5-2 Kanika (37’ propia portería) e 5-3 Shunta (39’).

ÁRBITROS: Kepa Díez e Xabier Huarte (Comité do País Vasco). Amonestaron aos locais Pedro e Kevin Chis.

INCIDENCIAS: O Pavillón A Malata acolleu o sábado 02 de outubro ás 20:15 horas a terceira xornada da 2ª Federación Futsal 2022/23.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas