RACING DE FERROL: Nova vitoria para continuar invictos

O Racing de Ferrol derrotou 1-0 ao Talavera e xa suma 6 vitorias e 1 empate.

O Racing comezou o partido fiel ao seu estilo, presionando a saída de balón dos rivais e mantendo a posesión e control do xogo. Nos primeiros 20 minutos non houbo oportunidades de perigo en ambas as dúas áreas, aínda que o Racing comezou a xerar chegadas, en especial por medio de Héber e nos saques de esquina, a medida que os minutos pasaban.

O primeiro aviso serio dos locais chegou no 37’ cunha gran xogada de Héber na que non logra batir a Rivas e no rexeite disparou Manu Justo pero Gayoso sacou o balon na línea de gol. O Racing avisaba con varias chegadas máis e no 41’ Manu Justo moviáse ben dentro da área rival e lograba batir a Rivas poñendo o 1-0 no marcador co que chegaríamos ao descanso.

Na segunda metade o Talavera saíu máis ofensivo, aínda que non puxo en perigo a portería de Gazzaniga e no 60’ os visitantes quedaron con 10 xogadores pola expulsión de Sangaré ao ver a segunda amarela por unha entrada a Héber.

No 65′ Dani Nieto, que entrou por Álex López, case logra poñer o 2-0 tras picar o balón por encima de Rivas, que logrou rexeitar no último momento. Parralo tamén deu entrada a Joselu por Manu Justo e Luis Chacón por Carlos Vicente. Finalmente o marcador non se volvería a mover, sumando o Racing os tres puntos tras unha nova vitoria e continuar invicto no que vai de tempada.

RESULTADO: 1-0.

RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Jon García, Jesús Bernal, Héber, Álex López (Dani Nieto 63’), Manu Justo (Joselu 78’), Luca Ferrone, David Castro, Manzanara, Brais Martínez e Carlos Vicente (Luis Chacón 78’).

CF TALAVERA: Gabriel Rivas, Ander Gayoso (Miguel Ángel Brao 86’), Daniel Ramos, Álvaro Mayorga (Borja Vicén 67’), Lassina Sangaré, Javier Bueno (José Manuel Garrido 67’), José Malagón, Souliman Faye (Alfredo Sualdea 86’), Rodrigo Escudero, David Morante e Asier Etxaburu ( Bassirou Compaore 72’).

GOLES: 1-0 Manu Justo (41’).

ÁRBITROS: Éder Mallo Ferreira, os asistentes José María Madrigal Pérez e Miguel Murciego Cabezas e o cuarto árbitro Jesús López Fernández.

AMONESTACIÓNS: Amarelas aos locais Ferrone (35’) e Jon García (54’) e aos visitantes Mayorga (39’), Morante (75’) e expulsión a Sangaré por dobre cartón (21’ e 60’).

INCIDENCIAS: 4500 afeccionados achegáronse ao partido da 7ªxornada da Primeira Federación disputado no Estadio A Malata o sábado 8 de outubro ás 19:00 horas.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas