O PARRULO: Juanma Marrube é o novo adestrador

O adestrador de Alfoz dirixirá á entidade ferrolá nesta nova tempada.

O Parrulo Ferrol xa sabe quen será o mariscal da súa nave nesta nova tempada 2022-2023, na que o obxectivo será ir #CamiñoDePrimeira e farao da man de Juanma Marrube. Juanma Marrube naceu en Alfoz (Lugo) o 27 de agosto de 1979 e conta cunha gran experiencia neste deporte. Como xogador vestiu as camisetas do Cefire, Avilés Hollywood, Melilla, Cartaxena, Ourense, Azkar Lugo e Peixes Rubén Burela. Posteriormente empezaría a súa etapa como adestrador, no FS Boal, Peixes Rubén Burela e Soliss FS Talavera, equipo do que procede.

Os seus maiores éxitos como adestrador producíronse no Peixes Rubén Burela, equipo co que lograría o ascenso á máxima categoría na tempada 2018-2019, ademais de lograr o Campionato de Liga de Segunda División, o que lle valeu tamén ser o mellor adestrador da categoría. Unha tempada antes, na 2017-2018, conseguiría a Copa Galicia na Final a catro celebrada no Pavillón da Malata.

O novo adestrador de O Parrulo Ferrol será presentado oficialmente nos próximos días e xa está a traballar na planificación da pretemporada, nun equipo que conta con once xogadores confirmados ata o momento, coas renovacións de Adri, Kevin Chis, Hélder, Pedro, Domingos, Noel e Álex Regueira, ao que se lles suman as chegadas de Wilson Francia, Rubén Orzáez, Coro e Iván Rumbo.

Info e foto: O Parrulo

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas