O PARRULO: Xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino

Bo primeiro venres nas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino de O Parrulo Ferrol e a Fundación Gadesport onde 28 nenas asistiron a este primeiro día no Pavillón da Malata.

Moita alegría, moita diversión e ganas de pasalo ben na primeira das xornadas de portas abertas gratuítas de fútbol sala feminino organizadas por O Parrulo Ferrol e a Fundación Gadesport, na tarde do venres, no Pavillón da Malata.

A pesar da temperatura estival, iso non impedía a 28 nenas distribuídas en dúas quendas para gozar dunha pequena sesión a cargo da coordinadora da Escola, Pili Costa, acompañada dos adestradores da Escola de Fútbol sala de O Parrulo, Joel, Muriel e Julio.

As ganas de aprender e de pasalo ben foron as predominantes nesta xornada, realizando xogos predeportivos, xogos de precisión, como tamén varias modalidades de partidillo, facendo as delicias de todas elas.

Aínda que estas xornadas xa empezasen, todas as nenas interesadas a participar nos próximos venres 15, 22 e 29 de xullo aínda poden apuntarse, facendo chegar nome, apelidos, idade e teléfono ao 671 113 550 ou ao email escuela@oparrulofs.es.

Os horarios das xornadas de portas abertas son os seguintes:

De 16:30 a 17:30 horas: Chupete, prebenxamín, benxamín (nadas entre 2012 e 2018).

De 17:30 a 18:30 horas: Alevín, infantil e cadete (nadas entre 2006 e 2011).

Info e fotos: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas