O Concello de Dumbría en colaboración co equipo local ConcoBox organizan esta proba deportiva popular que reúne cada ano a máis participantes.
Coma nas edicións anteriores, os participantes deberán elixir unha entre as tres opcións ofertadas:
- Categorías base: 1,5 km. Para a rapazada nacida entre os anos 2010 e 2016
- Percorrido curto: 3,75 km
- Percorrido longo: 7,5 km
O cros de obstáculos Terras do Vákner xa se converteu nun clásico para todos os que disfrutan deste tipo de probas, por unir deporte, natureza e diversión a doses iguais.
Son moitos os grupos de amigos/as que veñen pasar unha xornada na que non compiten, senón que participan percorrendo xuntos o circuíto, colaborando os uns cos outros e axudándose entre eles para superar os obstáculos.
Cada ano danse cita deportistas da Costa da Morte e tamén doutras zonas de Galicia. As inscricións deben realizarse a través do seguinte enderezo electrónico:
https://eventos.emesports.es/inscripcion/vi-cross-de-obstaculos-terras-do-vakner/
Nos dous días que leva aberta a inscrición, levan xa unhas 70 inscricións.
Un papel moi importante neste cros teno sempre o equipo do ConcoBox, que, ademais de participar activamente na organización e desenvolvemento do mesmo, inscribe os seus integrantes obtendo destacados resultados.
Info e foto: Concello de Dumbría




