A quinta edición da Carreira Solidaria pola Seguridade Viaria reuniu o pasado domingo a máis de 400 participantes nunha mañá ferrolá soleada.
A proba, organizada polo Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, desenvolveuse por un circuíto urbano que partiu da Praza de Armas e percorreu puntos emblemáticos como a Praza de España, a zona portuaria ou o Parador. A categoría absoluta contou cun percorrido de cinco quilómetros e deixou un gran ambiente deportivo e familiar durante toda a xornada.
Na absoluta masculina, Jesús Beceiro acadou a vitoria cun tempo de 00:16:50. A segunda posición foi para Xián Rodríguez, do Ría de Foz, con 00:17:21, mentres que Pedro Macia, do Noetrainers, foi terceiro cun rexistro de 00:17:46. En categoría feminina, Camila Alonso impúxose cun tempo de 00:18:57, seguida por Inés Santiago con 00:20:43 e por Rebeca Soto, do Atletismo Sada, con 00:20:59.
Na sub-16 e sub-18 masculina venceu Álvaro Canosa con 00:07:15, sendo segundo Marcos Veiga con 00:07:30. Entre as rapazas, a vencedora foi Itziar Fernández, do Náutico Narón, con 00:07:58, seguida de Julieta Filgueira con 00:09:40 e Candela Serantes, do Atletismo Narón, con 00:10:14.
En sub-12 e sub-14, Santiago Hermida logrou o triunfo cun tempo de 00:03:52. Roi Agra, do Tríatlon Ferrol, foi segundo con 00:04:02 e o seu compañeiro, Roi Crego, terceiro con 00:04:07. Na feminina venceu Irene Rioseco con 00:04:17, por diante de Alicia Pardo, con 00:04:18, e Lía Sancho, con 00:04:38.
Na sub-10 masculina gañou Jorge Pardo con 00:02:40, seguido de Hugo Alage, do Náutico Narón, con 00:02:50, e Martín Barrio con 00:03:13. En féminas venceu Blanca Barrio, do Atletismo Ferrol, tamén con 00:02:50, sendo segunda Emma Martín con 00:03:09 e terceira Leire Ramos, do Tríatlon Ferrol, con 00:03:13.
Na sub-8 masculina impúxose Nicolás Vilaró, do Atletismo Porriño, mentres Teo Agra, do Tríatlon Ferrol, foi segundo e Matías Salutregui terceiro, os tres con 00:01:01. Na feminina, Zoe Raimundi e Lucía Alage, do Náutico Narón foron primeira e segunda con 00:01:01, mentres Claudia Fernández, do Náutico Narón, foi terceira con 00:01:04.
Foto: Sadmoody241




